El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da cecesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

21 julio, 2017

Seis anos despois


Miña benquerida Cloe,

Canto tempo máis ten que pasar para que pechen de todo as feridas? Xa van seis anos dende a primeira das grandes coiteladas da vida nun espacio de tempo bastante curto, doce meses.

O "ano horribilis" comezou coa túa marcha, Cloe de la Nuez, hai hoxe 6 anos; continuou coa mala nova, mes e pouco despois, do que esperaba co meu pai, cancro de pulmón en fase terminal; seguido de unha ruptura sentimental e varias decepcións con amig@s. 

Ti desto xa estás enterada porque cada 21 de xullo te recorodo un pouco máis que calquera día do ano e che escribo unhas verbas. Non pasa un día no que non te recorde nunha frase ou te busque nos ollos de unha amiga que me recordan tanto a ti. Como dixo meu pai "ninguén morre de todo mentres haxa alguén que o recorde"... E créeme se che digo que nin ti, nin el e moito menos a avoa Lola, estades mort@s, é mais eu vos traio ata min en soños e aí vos podo tratar coma sempre o fixen. 

Cada 13 de marzo, 20 de abril e 21 de xullo ocorre o mesmo, as cicatrices desta vida volven sangrar e doen coma se foran recente as feridas. Da igual onde esté ou con quen, o cerebro fai "click" e a sensación é dolorosa. Non sei se é normal ou se a miña mente é, de una forma ou otra, masoquista e lle gusta torturase. A única diferenza é que ainda que os meus ollos derramen unhas bágoas sempre atopo un motivo para rir. Recordarte sorrindo é a mellor medicina cicatrizante, acordarme dos momentazos simpáticos que vivimos, as charlas e os chistes, as cancións que compartimos... todo o que vivín contigo me axuda e me entristece por momemtos pero o poso de sensacións que me queda ao final é de gratitude e de fortuna.

Todo esto que che conto pode ser extensible á marcha da avoa e de meu pai, cada persoa no seu estilo... Hoxe é o día do ano no que máis te recordo, porque o meu egoísmo pretende de algún modo trarte aquí a calquera prezo e a ratos non me gusta. Ogallá houbera unha comunicación recíproca e puidera ter unha carta túa como esta que che escribo coa esperanza de que alá onde estés chegue.

Eu non creo en Dios e non me considero moi espiritual, pero algo é certo: SOMOS ENERXÍA, e como tal (e segundo a comunidade científica) a "Enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma"... O que nos diferencia dun cacho de carne con ollos é esa enerxía á que algúns chaman "alma" e que según din pesa 21gramos... 
Non quería explaiarme demasiado nesta carta pero vexo que me estou liando máis da conta pero hai cousas que nuncha che comentei en relación a esto da enerxía ou da alma... Eu vin o teu corpo, así como o de meu pai e no seu momento o da avoa e resulta extraño como cambia a percepción do obxecto... o corpo tumbado nunha cama de hospital, inerte, sen alma ou enerxía... sendo o corpo da mesma persoa non se recoñece como tal... a ver se me explico... ainda que o parecido é idéntico, pois non cambiou o estado físico do que se ten diante, a mente percibe a diferencia (non sei se todas as mentes ou so a miña) pero non recoñece como a persoa que coñecía aquel corpo humano tendido no leito. É raro...

Non me importa que me digas que son espiritual despois desta confesión... pregúntome en qué se transforma esa enerxía ou alma unha vez deixa atrás o corpo inerte. Ás veces trato de imaxinar como será a miña transición e se será tranquila como a de meu pai pois a vivín en primeira fila.

Pero bueno, non quero poñerme moito máis triste recordando todo o acontecido hai tempo... quero poder imaxinar que me reuno contigo en soños e che conto o feliz que son e o afortunada que me sinto. Se estiveras aquí terías una "ITV" que pasar e créeme se che digo que ademáis a farías con moi boa nota. 

Grazas, Cloe... a miña ave fénix que rexurdiu varias veces das cinzas para ensinarnos que ninguén está vencido ata que se deixa vencer. Grazas de corazón por ter sido parte da miña familia pero sobre todo por considerarme unha amiga e unha irmá de distinta nai. Seguirei botándote de menos e buscándote nos ollos da xente que me recorda a ti, imaxinarei que os soños nos que te vexo son cafés nu plano astral de enerxía ou almas, onde se reunen os vivos cos mortos para contarse cousas. Espero verte pronto en soños e de non ser así deixo esta carta na rede porque de algún xeito sei que estarás ao tanto, en contigo o resto da familia.

Cando eleve a vista ao manto dunha noite estrelada imaxinarei que na estrela máis brillante do ceo estás ti coa avoa e o meu pai para marcarme o camiño, acompañándome e protexéndome.

Ata pronto miña querida Cloe, prima, irmá, amiga. Querereite sempre.

06 julio, 2017

Insomnio

Querido e abandonadiño blogue,

É a unha da mañá e cando remate non sei que hora será... eu non consigo dormir... será que non teño a conciencia tranquila? Non o sei... boto ollada a os últimos acontecementos e podo dicir que a conciencia está tranquila e ese non é motivo polo que non consigo durmir.
Será que son coma eses bebés que cando se lle pasa a hora de durmir ou se pasan de voltas choran e choran porque non podo durmir? Pois podo dicir que chorar non choro... así que tampouco. 
Ocórreseme que poida ser que me poño a pensar que me quedan poucos días de relax sen traballar e que me agobie ter que voltar a dalo todo... Si, definitivamente é eso! Non sei por que hoxe se me da por pensar en que non teño gañas de voltar... Pero teño mil cousas na testa e non paran de dar volta sen deixarme pechar os ollos e entregarme ao mundo de Morfeo... Que fago agora? Polo de pronto erguinme da cama, mentres a miña parella durme pois mañá ten que madrugar e ir traballar, e púxenme a xogar co móbil... como non daba resultado me viñen ao PC onde tentei xogar sen éxito a calquera parvada destas que hai polo FB, así que finalmente me dixen "Eh oe, que hai moito que non escribes!" e así me personei diante do ordenador a escribir sen ansias de que saia algo bo. 
Tan so me deixo levar e escribir como hai tempo que non fago, sen idea de sobre qué facelo ou cómo... Polo de pronto esto é o que se me ocorreu escribir... agora me quedei en branco... ou máis ven pensando en cousas sen sentido que me abruman o cerebro e non me deixan desconectar para visitar ao xa mencionado amigo Morfeo... 
E será guapo ese Morfeo? A min sónme ese nome a MoiFeo... e claro, non o imaxino moi agraciado... Jajajaja! Que parvada máis grande me acaba de asaltar non? 
En fin por non decir máis tonterías vou desconectar do blogue, tan só pasaron quince minutos dende que comecei a escribir... vou ver a caixa tonta a ver se me parvea máis do que xa estou. 

Boas noites querido blogue!

20 abril, 2017

Cinco anos dinse pronto

Ao home da miña vida que se ausentou hai hoxe 5 anos...

Dise pronto, verdade? Xa pasaron 1826 días dende que tiveches que marchar e hai días nos que a dor da ausencia escoce coma se fora hoxe mesmo. Tento recordar todo o bo que vivimos e facelo cun sorriso nos beizos, xeralmente o consigo pero hai días nos que custa... días con algún significado, unha festa de Nadal, un cumpreanos, un aniversario...

Hoxe a medidodía fixo un ano no que te despedimos na cama dun hospital, na planta de coidados paliativos porque o "bicho" (como ti o chamabas) puido contigo. Teño que contache que cumprimos as túas vontades, entre elas que ese "bicho" que habitou o teu corpo fora incinerado contigo.
Ás veces teño pensamentos raros, como se o acontecido non fose real, como se a túa perda foi realmente unha partida a outro país no que agora vives feliz con outra xente. Ás veces te imaxino xogando ao dominó con outros amigos, noutros bares, noutro pobo, ... ás veces me sorprendo do funcionamento da mente, como me engana para creerte vivo, para sentirte preto e non noutro plano, noutra vida... Tamén te imaxino con Bego, coas avoas, co tío... sempre co teu peculiar sentido do humor, feliz e orgulloso de ter tido a familia que creaches xunto a túa namorada...

Pola parte que me toca, como filla pequena e consentida, teño que dicir que nunca sentín tanto orgullo de ter un pai imperfecto e á vez tan ideal. Cando ía ao cole en EXB envexaba ás compañeiras de clase que fardaban de un pai cariñoso e detallista, que lles agasallaba xoguetes, caramelos e "pijadas" varias... hoxe, coa perspectiva que da a vida, vexo como algúns de aqueles pais pefectos resultaron ser mala xente; e vexo como aquel pai pouco detallista resultou ser o mellor que me puido tocar xamais porque en lugar de agasallarme con meros obxectos materiais me ofreceu algo máis grande e importante, os valores e principios. Tamén me ensinou como unha persoa adulta pode desfrutar cal crianza dos praceres da Pantera Rosa, das películas de debuxos, do cine de terror, da curiosidade do funcionamento de algunhas cousas, das chapuzas caseiras, das charlas e chistes coa familia, das cousas disparatadas como atar unha mosca cun pelo e moitas cousas máis.
Son afortunada por ter sido parte da túa familia, a nena dos teus ollos, a túa miniña tan desexada... Grazas polas ganas de terme traído a esta vida e por todo o amor incondicional que me brindaches.

A túa pequena que sempre te botará de menos.


19 abril, 2017

III Guerra Mundial

O mundo está tolo! Marcho catro días ao monte con unha pandilla de xente bo rollista e resulta que onte vexo a prensa e leo o titular "Se da por comenzado la III Guerra Mundial"... eu atónita! Que aire lle dou os mandatarios das diferentes potencias mundiais? Se dedican a mandarse petardazos uns a outros en represalia por X ou B... esto é como cando machos varonís se poñen a discutri a ver quen ten a pirola máis grande!
E eu na miña ignorancia me pregunto se é que non aprendemos nada da historia, dos erros... ou directamente porque os varóns mandatarios están medíndose o tamaño do membro xenital e algún pode arrastrar algún tipo de complexo... Non teño eu moi claro porque a historia do ser humano está plagado de erros que se repiten unha e outra vez...

11 abril, 2017

Poemas que insipiran outros

Esa pared me inhibe lentamente
piedra a piedra me agravia

ya que no tengo tiempo de bajar hasta el mar
y escuchar su siniestra horadante alegría
ya que no tengo tiempo de acumular nostalgias
debajo de aquel pino perforador del cielo
ya que no tengo tiempo de dar la cara al viento
y oxigenar de veras el alma y los pulmones

voy a cerrar los ojos y tapiar los oídos
y verter otro mar sobre mis redes
y enderezar un pino imaginario
y desatar un viento que me arrastre
lejos de las intrigas y las máquinas
lejos de los horarios ylos pelmas

pero puertas adentro es un fracaso
este mar que me invento no me moja
no tiene aroma el árbol que levanto
y mi huracán suplente ni siquiera
sirve para barrer mis odios secos.

PARPADEO (MARIO BENEDETTI )

Alá polo 2014, máis concretamente o día 28 de abril escribía o seguinte tras ler este poema de Benedetti:

Albisquei algo de luz nesta penumbra que me asola, 
unha pequena fiestra aberta tímidamente,
un raio de luz me amosa o mundo tal como o vin (non hai tanto)  
despois de verse ensombrecido por nubes
grises, negras e cargadas de auga que asolagan todo.

Mais non afoguei, entón sigo viva.
vivín anestesiada durante un tempo e comezo a espertar
co mero recordo dun cálido abrazo
que sona lonxano ao tacto, ao sentido
o aroma dun abrazo cómodo.

Anhelo querar abrazar un corpo humano
un cálido xesto que transmite enerxía
sen necesidade de mentar palabras
verbas que ainda non queren saír.

Creada unha parede de pedra ao meu arredor
xa nada ten solución si ven de fora,
cada pedra me arranca un pedazo de ilusión.
En que momento me creei esta xaula
que comezou sendo un escudo protector.

Parpadeo e non me vexo, non me topo
a luz so ben de arriba e estou aquí
rodeada de pedras que eu esma creei
botei incluso a que con axilidade gatuna
entraba unha e outra vez sen darme conta
estaba aí e non estaba soa.

Agora o eco é o meu único aompañante no lugar.
Xa non sei se quero saír, boto de menos o contacto humano,
ás rochas non as abrazo por non sentirme fondamente gilipollas.
Aí arriba brila un sol de tez clara que me quita o sono ou...
debería dicir que protagoniza en moitos casos os soños onde me abrazo a esa ilusión

10 abril, 2017

Carta a Cloe

Querida Cloe:

hai moito tempo que hai moito tempo que non che escribo e quizáis te preguntes por que... se alá onde ti estás tes conexión a internet saberás o motivo ao visitar o blogue. Vai facer seis anos que partiches para non voltar e unha parte de min foise contigo, bótote de menos... Sabes ben o que significabas para min, unha irmá maior de distinta nai que resulta ser a miña tía...

Onte estaba elixindo que película ou serie ver en Netflix e vin aquela película coa que tanto nos rimos na que una cebra aspiraba a ser un cabalo de carreiras. Seguro que te acordas das moscas gitanas, Flato e Cuesco, canto rimos con aqueles personaxes!! Ver aquela carátula da película no Neflix me fixo pensar en ti, e déronme ganas de volver a vela par sentirme un pouco máis cerca de ti recordando aquel momento de risas...

Resúltame curioso como ao ver unha película ou escoitar unha canción que relaciono con alguén me acerca ao momento/situación vivida... non sei se me explico... No caso de "Héroe a rayas", que así se chama a película que mencionei, me recorda ao noso afillado e a ti aquel día que a vimos sen saber nada da película... o feito de vela agora me transporta a aquela época na que o afillado era pequeniño e ti estabas aquí... os tres a tombos, chorando coa risa por Flato e Cuesco e as súas cancións.

Miña querida Cloe, ogallá tivera un minuto para terte diante e darche unha aperta moi grande... non sabes o necesario que e alguén ata que che falta... espero que estés ben alá onde estés. De ven en cando me permito o luxo de soñar contigo e vivir unha aventura familiar na que estades ti, meu pai e avoa... que rápido pasa o tempo!! Once anos dende que a avoa marchou, cinco vai facer en dez días desde que o fixo meu pai e en xuño 6 sen ti...

Os soños son o lugar onde nos reunimos e é unha mágoa non poder controlar o que soñamos para tentar vervos todas as noitas, ás veces é tan dificíl estar aquí sen vos... Faime un favor miña queridísima Cloe, dille a meu pai que aquí estamos ben, que o seu coche o xubilamos e que próximamente nos pagarán a expropiación da finca, ... O mundo aquí está medio tolo, a prensa non fai máis que trasladarnos malas novas pero últimamente fago por non vela, son máis feliz así. Na casa hai moito bicherío, dous cans novos (Koi e Lucky) ademáis da Peta e os gatos de sempre (Ray, Patus e Negri), Toliña segue coma sempre e houbo un día que lle mordeu no nariz a Koi... todo quedou nun sustiño e tívenlle que berrar á túa compañeira peluda.

Encantaríame que estiveras aquí para coñecer algunhas das persoas tan marabillosas que coñecín nos últimos anos, xa no saio con Saule, a historia rematou hai xa case cinco anos, agora vivo en parella con Azul, é tocaia miña e nos parecemos moitísimo, seguro que che había caer ben.

Hoxe non podo explaiarme moito porque non estou na comdidade da miña casa e é difícil concentrarse, prometo escribir novamente e sen que pase tanto tempo entre misiva e misiva. Ah! E dille a meu pai que antes da semana que ven terá unha carta.

Grazas por ensinarme o que loitar ante as adversidades, síntome afortunada de ter compartido tanto que é inevitable que te bote de menos. Unha aperta moi forte, de alma a alma.


07 abril, 2017

Hai días...

Hoxe escribo con bágoas nos ollos despois dunha discusión tonta na casa e despois de ler algún texto que me chega ao alma que escribín en tempos duros. Hoxe recordo cómo aquel "nonseisechovera.blogspot.com" me sacaba as bágoas cada día que escribía nel. Non é que fora o blogue o que me facía chorar senon o feito de desnudarme con palabras, sacando o que levo no fondo... cousa que que levo tempo se facer e que por eso esté tan oxidada na escritura.

Din que quen tivo, retivo... non o sei e pode que o feito de que escribir con máis frecuencia arregla este problema. Non vou mentir nin dicir que vou escribir semanalmente ou cada X tempo só vou ser sinceira e escribir cando me apeteza. Para eso teño que pasar algún tempo soa diante do ordenador, no meu despañiño e deixando que broten as palabras.

Non sei se choverá, non... nunca o saberei pero o que é certo é que todos os meses de abril dende hai cinco anos me poño máis sensible do que quixera. Non estou triste, só irascible e moi moi sensible... salto á mínima (que llo digan ao meu compi de curro Fran ao que case lle mordo unha orella o día da miña volta de vacacións). Son eu no meu máis puro estilo eu... que lle vou facer senon aceptarme e recoñecer os meus defectos... despois de 34 anos unha ten os seus vicios.

Agora escribo con un can sentado aos meus pés, Lucky, el é amor incondicional. Non pensaba eu hai cinco anos en ter un can, pensaba máis ben nun gato, pero bueno... a vida é así e falta de un hai dous, tamén está Koi, entrañable ata a médula. Os dous me sacan da casa en días nos que me quedaría coas luces apagadas eu soiña escribindo sensiblerías, así que por hoxe vou deixar de escribir e voume pasear con estos amigos peludos.

30 marzo, 2017

Suspiros

Me paso el día suspirando
dicen que añorando alguien
que no está, que falta.
Podría ser el recuerdo
de un ausente que he querido
¿ha muerto?, ¿se ha ido?
No importa, en cualquier caso
ya no está presente.

Suspiro... ¡aaaaai!
Alimenta mi recuerdos
más profundos y queridos.
Suspiro... ya sola en casa,
sin nadie a quien añorar.
Suspiro...

Me recreo en historias pasadas
con cada suspiro evoco al ausente ¡aaaaai!
Pienso en presente en el suspiro porque sí
sin motivos, en el que por el hecho de pararme a pensar
ese aire distraído se escapa por mi boca sin querer, de nuevo ¡aaaaai!                        

Dicen del suspiro que:
es aire que nos sobra por alguien que nos falta,
es un beso no dado que se expresa asi,
es el alimento básico de los recuerdos más profundos,
es una expresión ahogada,
una poesía sin escribir,                        
una idea inacabada.

Es deseo de vivir... ¿una vida? , ¿una historia?
Dicen del suspiro que se va sin despedir
en el momento más inoportuno,
cuando mi cabeza piensa en ti.

Dicen del suspiro
que es un amor que pretendes reprimir,
un deseo no expresado que viaja por ahí
sin billete de vuelta, sin permiso de partir.
Y que el día más insospechado... ¡aaaaai!
¿Otra vez por tú por aquí?

Lupi, 2014

29 marzo, 2017

Oxidada

Meu benquerido Bloguiño,

hoxe tentei inventar un conto e non saiu nada... estou oxidada! Como pode ser? Moi fácil, deixadez... mais nun intento de botar algo así como 3en1 e tentar desoxidarme vou deixar que os meus dedos se paseen por enriba das teclas do PC e saia o que teña que saír.

Xa te aviso que esta entrada no vai ser de calidade, é so un intento de deixar fluir as couas que levo por dentro e que non saco en forma de palabras coma o facía hai anos... Anos... miña naiciña!! Canto tempo sen bloguear ou sen postear... ou chámalle como queiras, o caso é que as únicas dúas entradas deste blog deste ano 2017 son pobres literariamente falando, pero nunca quixen que esto fora profesional se non unha ferramenta para pensar e escribir...

Será pois que xa non penso? Home, algo pensarei Bloguiño... antes pensaba moito e sentía pouco, frustrábame e recreábame nas miñas penurias... agora leo cousas do 2005 ou así e case non me recoñezo... vexo una Lupi escura, pequena, pensativa, negativa... con moito mundo interior e pouco no exterior. Hoxe é ao revés... todo o mundo interior se exterioriza, son feliz!! Todo esto ten moito que ver todo o que vivín... vou tentar ordenar a miña cabeza e plasmar ideas con sentido.

Bloguiño, Bloguiño... tantas cousas sabes de min e calas... sempre soubeches gardar ben os meus segredos e eso que che fun infiel con outros... Non Sei Se Choverá foi unha aventura transitoria onde plasmar toda a tristeza que me produciu a enfermidade e a morte do meu pai... creo que debería escribirlle algo a el.... Non ao outro blogue, non!! Falo de escribirlle a meu pai... quizáis me anime e lle escriba mañá.

Se me paro a ler o que escribo editaría e borraría todas estas palabras quue saen con máis ou menos sentido, así que vai ir todo para adiante como os de Alicante... E falando de Alicante, o verán pasado crucei o país para ir buscar a esa cidade a unha criatura marabillosa, un galgo chamado Koi... si, teño can... máis ven dous! Lucky estaba antes que Koi e é un cachorriño que trouxemos de Ogrobe. Convivo con Koi, Lucky e a miña moza. Si, a miña moza... Non é Saule, a rapaza á que tantas entradas lle adiquei... non, eso rematou hai xa uns aniños... a tristeza da perda me fixo deixar de escribir... en menos de un ano tres perdas, miña prima e amiga, meu pai e a miña moza... pero en todo esto aprendín que unha ruptura amorosa é a menor das perdas que podes sufrir ainda que doa.

Doe, si... doe querer a alguén e que a cousa se rompa... pero unha vez alguén me dixo que había que deixar ir e deixei... perdín a curto prazo e gañei a longo... nunca me imaxinei como agora... Vivindo en parella con dous compromisos caninos... Aquí os tedes hai algúns meses:

Estoume plantexando en retomar a arte de postear no blogue ou arrancar un novo... non sei moi ben que facer... polo de agora aguantarei este, que tantas historias ten e que merece darlle outras tantas positivas... Bloguiño, Bloguiño... non che prometo nada pero estarei tentando escribir cada día mellor. Por agora esto sirve para quitar o óxido da mente e das mans...

Unha aperta fonda, espero voltar pronto!

13 marzo, 2017

Algún tempo despois

Tiveron que pasar máis de tres anos para unha vez máis me sentara diante do ordenador a escribir algo. O que? Non o sei, pero propúxenme a min mesma retomar unha boa costume, din por aí que non se perden... Síntome torpe ao escribir, xa non teño aquela destreza e frescura que podía ter naquela época na que acostumaba a deleitarvos coas miñas pallas mentais.
Neste tempo de ausencia bloguera escribín algunas cousas, sobre todo contos inventandos para amig@s que me agasallaban con algunha frase. Teño o don de inventar unha historia a raíz dunha frase e así o puxen en práctica. Tentei abrir un blogue novo para levar a cabo esta idea e non fun quen de manter a constancia e de, a lo menos, insertar unha entrada nova cada semana. Será que sempre terei de referencia este blogue? Non o sei ainda, so sei que vou tentar escribir algo neste amado lugar onde tantas bágoas deixei, onde tantos xiróns de alma quedaron plasmados en forma de palabras. Por aquí narrei os que entón creín tempos máis duros da miña vida... e hoxe son consciente de que houbo tempos peores. Non quero comezar a andaina desta nova época do blogue con cousas tristes pero moitas cousas cambiaron na miña vida.
En esencia sigo sendo a mesma pero os matices son moi diferentes. Xa non son unha persoa triste, de todo o malo que me aconteceu neste silencio bloguero xurdiu unha muller feliz, que se enfronta a todos os males con positivismo e ganas de superarlos.
Hoxe fai once anos dunha das perdas máis importantes da miña vida e que vos narrei aquí, a morte de miña avoa Lola. Non sei se este foi o motivo que me levou a golpe de luns a senterma no meu escritorio e deixar que as palabras saian de golpe, sen pensar, sen sentido... quizáis é simple casualidade pero espero voltar pronto e contarvos cousas para tervos ao día... Unha aperta moi forte e ata pronto!