El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

20 abril, 2017

Cinco anos dinse pronto

Ao home da miña vida que se ausentou hai hoxe 5 anos...

Dise pronto, verdade? Xa pasaron 1826 días dende que tiveches que marchar e hai días nos que a dor da ausencia escoce coma se fora hoxe mesmo. Tento recordar todo o bo que vivimos e facelo cun sorriso nos beizos, xeralmente o consigo pero hai días nos que custa... días con algún significado, unha festa de Nadal, un cumpreanos, un aniversario...

Hoxe a medidodía fixo un ano no que te despedimos na cama dun hospital, na planta de coidados paliativos porque o "bicho" (como ti o chamabas) puido contigo. Teño que contache que cumprimos as túas vontades, entre elas que ese "bicho" que habitou o teu corpo fora incinerado contigo.
Ás veces teño pensamentos raros, como se o acontecido non fose real, como se a túa perda foi realmente unha partida a outro país no que agora vives feliz con outra xente. Ás veces te imaxino xogando ao dominó con outros amigos, noutros bares, noutro pobo, ... ás veces me sorprendo do funcionamento da mente, como me engana para creerte vivo, para sentirte preto e non noutro plano, noutra vida... Tamén te imaxino con Bego, coas avoas, co tío... sempre co teu peculiar sentido do humor, feliz e orgulloso de ter tido a familia que creaches xunto a túa namorada...

Pola parte que me toca, como filla pequena e consentida, teño que dicir que nunca sentín tanto orgullo de ter un pai imperfecto e á vez tan ideal. Cando ía ao cole en EXB envexaba ás compañeiras de clase que fardaban de un pai cariñoso e detallista, que lles agasallaba xoguetes, caramelos e "pijadas" varias... hoxe, coa perspectiva que da a vida, vexo como algúns de aqueles pais pefectos resultaron ser mala xente; e vexo como aquel pai pouco detallista resultou ser o mellor que me puido tocar xamais porque en lugar de agasallarme con meros obxectos materiais me ofreceu algo máis grande e importante, os valores e principios. Tamén me ensinou como unha persoa adulta pode desfrutar cal crianza dos praceres da Pantera Rosa, das películas de debuxos, do cine de terror, da curiosidade do funcionamento de algunhas cousas, das chapuzas caseiras, das charlas e chistes coa familia, das cousas disparatadas como atar unha mosca cun pelo e moitas cousas máis.
Son afortunada por ter sido parte da túa familia, a nena dos teus ollos, a túa miniña tan desexada... Grazas polas ganas de terme traído a esta vida e por todo o amor incondicional que me brindaches.

A túa pequena que sempre te botará de menos.


2 comentarios:

O SuSo dijo...

Volveu o estado de non forma, o SER, e por iso durante toda a eternidade seguirá formando parte do Universo, na luz do solpor na praia, no ollar dos teus sobriños, no teu sorriso güason...sempre será, aínda que aquela forma xa non esté convós.

Aperta longa

LuPi LuKe dijo...

Grazas Suso, sempre é bonito atopar verbas de apoio de alguén que queres... perdoa a tardanza en respostar pero sempre que escribo deste tema me bloqueo máis do que me gustaría... Aperta!