El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

26 enero, 2012

Esto si que é vivir en Zoociedade

Xa non recordo a última vez que escribín no blogue, supoño que foi un artigo desculpándome pola miña ausencia blog-literaria pero hoxe decidín poñer un toque deste blog na miña vida. Facendo alarde do nome do blog, hoxe criticarei un pouco a actualidade social:
Coido que vivo nun país de chiste, si. Cando leo o xornal (sexa cal sexa independentemente da cor que leve por bandeira) éntranme unhas tremendas ganas de queimar o sistema. Canto máis leo as novas máis me dou conta da cantidade de mangantes, corruptos, vividores, aproveitados, caraduras e mil calificativos máis, que hai dispersos polas diferentes capas do sistema.
Temos un goberno que pretende impoñer leis sociais de hai 25 anos, falo da polémica "Lei do aborto"... e digo eu, sen entrar en pormenores, ir para atrás é avanzar? Non sei... dentro da miña ignorancia (que é moita), dáseme por pensar que esto de ir para atrás vai en contra do termo "avanzar" que polo que sei é ir cara adiante, progresar, adiantar, prosperar... como antónimos de "avanzar" se me ocorre retroceder, recuar, atrasar... Etimolóxicamente falando creo que ten bastante lóxica... Se non lles gusta a lei aprobada polo goberno anterior, propoño a este novo goberno que traballe e poña en marcha unha nova, baseada na do ano 85, pero con actualizacións porque a sociedade non é a mesma agora que hai 25 anos...
Baixo o meu punto de vista unha nena dos oitenta era unha nena e actuaba como tal, unha nena de agora está marcada pola sexualización precoz que lle inculca unha sociedade baldeira de principios, que promove e apoia o aspecto físico e relaciona todo co panorama. Así que que non me digan que unha rapaza de 16 ou 17 anos que decide libremente ter relacións sexuais non está capacitada para tomar unha decisión de se quere, ou non, seguir con un posible embarazo.
Avanzar non é ir cara atrás. Avanzar é prgresar, ir cara adiante, modificar e romper arquetipos, actualizar lexislacións, impartir xustiza de xeito homoxéneo e non como na idade media, aparcar o lastre que supón as arcaicas normas dunha Igrexa obsoleta que se nega a actualizarse e a progresar, a aceptar novos modelos de familia (e recordolles que dende tempos imemoriáis, aquí en Galiza e en moitos outros lugares, as nais coidaban aos seus fillos en ausencia de homes, así que non sei por que se negan a aceptar modelos de familia monoparentais), a aprender a ser tolerantes e a manter a boca pechada... e por favor, que deixen de subvencionar a esta institución, coa que non está de acordo o 100% da poboación, a costa de reducións de inversións sociáis (léase educación e sanidade).
Estou farta de ver noticias inxustas na prensa, de como políticos e banqueiros se enriquecen a toda costa mentres a xente de a pé vemos como nos toman o pelo e nos mantemos caladas. O silencio non é indiferencia, tampouco é a solución, quixera gritar e que me escoiten "esto non funciona"... Ogallá poidamos cambiar e, sobre todo, depurar este sistema... estou farta de vivir nunha zoociedade onde só importa o material, onde os valores se esquecen e as palabras valen menos que unha mota de pó. Eu recordo a meu pai, por poñervos un de moitos exemplos, darlle a súa palabra a alguén en determinado asunto e cumplir sen necesidade de contratos, eso agora xa non se estila e paréceme unha mágoa. Estamos creando monstros individualistas que din vivir en sociedade... que mágoa, de verdade.
E bueno como xa non teño moito tempo, pois se me acumula o chollo, deixarei as miñas queixas por aquí e quédome co bonito da vida, as persoas individuáis (que non individualistas) que forman parte da miña vida e me queren tal como son. Grazas por concederme o privilexio de considerarvos amig@s.