El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

21 julio, 2017

Seis anos despois


Miña benquerida Cloe,

Canto tempo máis ten que pasar para que pechen de todo as feridas? Xa van seis anos dende a primeira das grandes coiteladas da vida nun espacio de tempo bastante curto, doce meses.

O "ano horribilis" comezou coa túa marcha, Cloe de la Nuez, hai hoxe 6 anos; continuou coa mala nova, mes e pouco despois, do que esperaba co meu pai, cancro de pulmón en fase terminal; seguido de unha ruptura sentimental e varias decepcións con amig@s. 

Ti desto xa estás enterada porque cada 21 de xullo te recorodo un pouco máis que calquera día do ano e che escribo unhas verbas. Non pasa un día no que non te recorde nunha frase ou te busque nos ollos de unha amiga que me recordan tanto a ti. Como dixo meu pai "ninguén morre de todo mentres haxa alguén que o recorde"... E créeme se che digo que nin ti, nin el e moito menos a avoa Lola, estades mort@s, é mais eu vos traio ata min en soños e aí vos podo tratar coma sempre o fixen. 

Cada 13 de marzo, 20 de abril e 21 de xullo ocorre o mesmo, as cicatrices desta vida volven sangrar e doen coma se foran recente as feridas. Da igual onde esté ou con quen, o cerebro fai "click" e a sensación é dolorosa. Non sei se é normal ou se a miña mente é, de una forma ou otra, masoquista e lle gusta torturase. A única diferenza é que ainda que os meus ollos derramen unhas bágoas sempre atopo un motivo para rir. Recordarte sorrindo é a mellor medicina cicatrizante, acordarme dos momentazos simpáticos que vivimos, as charlas e os chistes, as cancións que compartimos... todo o que vivín contigo me axuda e me entristece por momemtos pero o poso de sensacións que me queda ao final é de gratitude e de fortuna.

Todo esto que che conto pode ser extensible á marcha da avoa e de meu pai, cada persoa no seu estilo... Hoxe é o día do ano no que máis te recordo, porque o meu egoísmo pretende de algún modo trarte aquí a calquera prezo e a ratos non me gusta. Ogallá houbera unha comunicación recíproca e puidera ter unha carta túa como esta que che escribo coa esperanza de que alá onde estés chegue.

Eu non creo en Dios e non me considero moi espiritual, pero algo é certo: SOMOS ENERXÍA, e como tal (e segundo a comunidade científica) a "Enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma"... O que nos diferencia dun cacho de carne con ollos é esa enerxía á que algúns chaman "alma" e que según din pesa 21gramos... 
Non quería explaiarme demasiado nesta carta pero vexo que me estou liando máis da conta pero hai cousas que nuncha che comentei en relación a esto da enerxía ou da alma... Eu vin o teu corpo, así como o de meu pai e no seu momento o da avoa e resulta extraño como cambia a percepción do obxecto... o corpo tumbado nunha cama de hospital, inerte, sen alma ou enerxía... sendo o corpo da mesma persoa non se recoñece como tal... a ver se me explico... ainda que o parecido é idéntico, pois non cambiou o estado físico do que se ten diante, a mente percibe a diferencia (non sei se todas as mentes ou so a miña) pero non recoñece como a persoa que coñecía aquel corpo humano tendido no leito. É raro...

Non me importa que me digas que son espiritual despois desta confesión... pregúntome en qué se transforma esa enerxía ou alma unha vez deixa atrás o corpo inerte. Ás veces trato de imaxinar como será a miña transición e se será tranquila como a de meu pai pois a vivín en primeira fila.

Pero bueno, non quero poñerme moito máis triste recordando todo o acontecido hai tempo... quero poder imaxinar que me reuno contigo en soños e che conto o feliz que son e o afortunada que me sinto. Se estiveras aquí terías una "ITV" que pasar e créeme se che digo que ademáis a farías con moi boa nota. 

Grazas, Cloe... a miña ave fénix que rexurdiu varias veces das cinzas para ensinarnos que ninguén está vencido ata que se deixa vencer. Grazas de corazón por ter sido parte da miña familia pero sobre todo por considerarme unha amiga e unha irmá de distinta nai. Seguirei botándote de menos e buscándote nos ollos da xente que me recorda a ti, imaxinarei que os soños nos que te vexo son cafés nu plano astral de enerxía ou almas, onde se reunen os vivos cos mortos para contarse cousas. Espero verte pronto en soños e de non ser así deixo esta carta na rede porque de algún xeito sei que estarás ao tanto, en contigo o resto da familia.

Cando eleve a vista ao manto dunha noite estrelada imaxinarei que na estrela máis brillante do ceo estás ti coa avoa e o meu pai para marcarme o camiño, acompañándome e protexéndome.

Ata pronto miña querida Cloe, prima, irmá, amiga. Querereite sempre.

1 comentario:

xccc dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.