El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

03 noviembre, 2012

Sen historias que contar? NON!

Tal ves vos preguntaredes, se é que pasáchedes por aquí nos últimos tempos, que pasa co blogue. Ten unha resposta sinxela: non é por falta de historias que contar, non é porque me perdera no medio do océano ou dunha selva tropical, é porque non me puxen a escribir neste último mes. 
Se vos preguntades se me pasou algo direivos que si, pasáronme moitas cousas das cales unhas son boas e outras non tanto. Hai máis de medio mes quedeime sen palabras literalmente, a miña voz foi baixando o seu volume ata quedar nun simple fío que me fixo coller unha baixa; posteriormente reincorporeime ao traballo e esa mesma semana fun votar nuns comicios autonómicos, o resultado mellor non o conto hoxe porque daría moito que falar; puidei ir ao cine a ver algunha película, ningunha que valga a pena destacar; o mesmo día das eleccións galegas tiven un accidente de tráfico, o meu primeiro cacharrazo con danos persoais (as miñas costas sufriron unha contusión que me fixo convalecer durante días e ter que ir a rehabilitación, ainda sigo no proceso de recuperación cada vez máis preto); reín, chorei, enfadeime, berrei, viaxei a outro país, sonreín, bailei e agora me atopo aquí convalecendo mentres no exterior chove a máis non poder.
Neste tempo de parcial ausencia literaria escribín un relato de fición con trazos de realidade, tratei de escapar da miña realidade e sen querer me vin inmersa nela. Pode que un día publique a historia aquí, non o sei... Esta ausencia serviume para alonxarme de algunhas cousas, de romper co vicio que tiña de queixarme e cambiar o "chip" que me impedía ver con claridade a capacidade que tiña de seguir adiante. Decateime de moitas cousas que non quero evocar, gustariame escribilas pero non sei o impacto que poderían ter así que prefiro reservarme algúns pensamentos...
Este non será o meu mellor artigo pero é unha rutura con este silencio blogueiro que me tivo a neurona secuestrada, ordeando pensamentos, discernindo realidades... Aquí vos deixo os meus mellores desexos para este mes de novembro que inaguramos hai tan so un par de días. Xa queda menos para rematar este ano "horribilis"... Non esquezades sorrír en tempos difíciles e escuros porque moitas veces será o voso sorriso a única lanterna que vos amose o camiño. Unha aperta ao aire...