El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

31 diciembre, 2013

Balance 2013

Remata un ano máis na vida de todas as persoas que quedamos neste triste e gris mundo e decimos adeus aos soños e promesas non cumpridos para este case exitinto 2013. Atrás quedan promesas e propósitos que no 2012 puxemos por meta e que quedarán encerrados neste ano que toca xa a seu fin.

Algúns dicían que o mundo remataría en 2012 e de algún xeito o que eu coñecín como tal rematou entón e no 2013 comezou algo novo que remata hoxe. Atrás quedaron persoas que sempre quixen e quererei ata que a miña existencia toque ao seu fin. Se o pasado 2012 se caracterizou por noites de tensión, angustia e choreiras sen fin, este ano que remata contou con momentos de tolería, risas e, poucas e contadas, bágoas.

Diría que este foi o ano da remontada, das celebracións estrañas, das bocas prestadas, dos cambios, dos bloqueos mentais e sentimentais, dos soños por cumprir, das promesas esquecidas, dos plans improvisados, da aceptación dunha realidade gris, da confirmación, da independencia, da fin do crédito, dos sustos con facenda, do adeus a un colega, da música, da ilusión perdida, das propostas indecentes, das cousas que nunca fixen, das ganas de pechar o blog por falta de inspiración, dos líos de faldas, das loucuras veraniegas, de algunha decepción amistosa, do apoio á xente auténtica, dos retos persoais, da competición absurda, das ganas de soidade, das películas en pantalla grande, ...

Este 2013 presentouse o 1 de xaneiro con unha resaca monumental, despois de unha noite con boas amizades que cantaron comigo no karaoke, con comida rápida adornada a caixa por un debuxo ao que lle gardo gran cariño... dun xaneiro improvisado pasei a un febreiro descontrolado, con primaveira de reencontros e punzadas no corazón, o verán continuou festeiro con amigas inigualables e tardes de praia en familia (gañando o título "tía do ano")... o outouno abordoume coas súas cores ocres e amarelas brindándome a posibilidade de recapacitar e ver que certas tolemias das estacións anteriores aportaron pouco ou nada ao meu crecemento persoal. Así que soa, se necesidade de botar en falta a nadie empecei a miña andaina nesta nova etapa de inverno, que acaba de arrancar e que estamos a desfrutar. Supuxo esta nova estación, ademáis de un cambio de de domicilio, un momento de relaxación persoal no meu novo fogar con unha independencia total.

Botaba en falta un reto e o de terme mudado para poder vivir soa por fin fíxose realidade. Aproveitando a marcha da que durante case 2 anos foi a miña mellor compañeira de piso, Carol, decidín non encariñarme con máis xente e marchei. Este cambio de actitude supuxo outro ainda máis grande, deixei atrás todos os recordos de unha relación marabillosa entre aquelas catro paredes que foron durante 4 anos a miña habitación, e alí quedarán por sempre.

Desmitifiquei a algunha que outra persoa e puiden ver cos seus defectos unha realidade que estou disposta a asumir porque cada cual ten as súas cousas, boas e malas, e eu tamén as teño. Ainda así, con defectos e todo, asumo querer ás persoas que son importantes na miña vida. Acostumada a perder (herdanza do 2012), deixarei que o tempo poña ás cousas e ás persoas no seu sitio. E con esto acepto que a que ata agora foi a miña mellor amiga seguirao sendo ainda que non queira compartir comigo parte do pouco tempo que pase na terriña.

Abrín os ollos non hai moito con este detalle (de agasallo de nadal) cando o cariño recibido nun abrazo que se din de corazón non foi recíproco e  no que atopei certa indiferencia nunha persoa pola que daría a vida. Ainda con eso seguirei brindando o meu cariño e amizade a alguén que leva tantos anos na miña vida...

Aprendín tamén que unha moi boa amiga da infancia está aí pese a vernos pouco (e resulta que se fago memoria sempre estivo aí, pois dende os catro años que nos coñecemos estivo aí cando morreu a miña avoa alá no 2006, que me apartou  á xente indesexable nos velatorios de meu pai e de miña prima, e que sempre visitou a miña casa polo Nadal) ademáis é a nai da miña nova sobriña, pois é como unha irmá de distinta nai.

Este 2013 tivo os seus momentazos: entrei no clube das "treinty" como di miña amiga Iria (Mono), tiven dous agasallos de un fenómeno ao que admiro (Carlos Blanco, un convite a un espectáculo con Quico Cadaval e un DVD adicado); unha lesión de xeonllo con cicatriz inclusive polas miñas aventuras praieiras; noites de festa en moi boa compaña; resacas monumentais; sorrisos coas mellores amizades que se poidan desexar; brindis descablleados e outros que non o foron tanto; desfrute do meu sobriño, o incansable Noah terremoto; confesións inconfesables; novas incorporacións á miña vida; mudanzas interminables; despedidas entrañables; choivas e días de calor; festas sen sentido; bicos marabillosos; comilonas interminables; momentos agridoces coa familia; contos inventados; fotos; cancións; películas...

Atrás deixo a tristura, a desilusión, a angustia, a indiferenza, a dor, o desexo baldeiro, a decepción, o pesimismo,... todo o malo deste ano se quedará aquí porque debo comeza o ano 2014 con enerxía nova.

Que nos brindará o 2014? Pois está ben claro: 365 oportunidades de ser feliz, así que toca seguir desfrutando da vida co que nos brinde o destino ou a sorte e o que teña que vir virá, atrás deixo o medo ao devir. E se chove? Pois que chova! Brindarei porque ser feliz segue a ser gratis.

Espero seguir contando con xente como Mary e Bea (as miñas pipagirls), Gema e a xente do Moscón, Lupe (a de Marín) e Bea (a de Vigo), Marta (a da miña infancia), Chiru e Elías (miña irmá e irmán), Mercedes (a nai que me fixo), Sonia e Jose (os meus primos e amigos), Giorgia (Maxiyo), Liza (a única e inigualable), Loly (a única persoa que lle pon música a "es que me pica la xouba"), David (o meu irmán de distintos pais e que está no outro lado do charco), Natalia (a mediadora por excelencia), Tai (do melloriño que hai neste mundo), Andrea a pintora de caixa de pizzas, Eva "a dos cans", María a de Asturias, Ana, Ro, ... as miñas compis de curro (Mai, Tania, Liber, Bea, Pau, Keka, Silvia...) e todas esas persoas que comparten comigo algún ámbito da miña vida: activistas feministas e políticas... grazas a todas esas persoas que facedes que a vida pague a pena.

E xa está, coa conta atrás nos papamos unha ducia de uvas. E un ano máis terei que brindar por aquelas persoas que non están: a miña avoa Lola, a miña prima Bego e o home da miña vida, o meu pai. Coa miña vida seguirei mantendo vivos os seus recordos e non esquecerei nunca as cousas que me ensinaron. Que sería de min sen telos coñecido? De seguro non había ser quen son porque a súa impronta está ben marcada na miña persoa e que pese a que non estén aquí non os deixo de querer. CHIN CHIN! Por esas 365 novas oportunidades que nos brindará o ano que estrenamos.

Un ano máis a miña banda sonora anual remata con Mecano e a súa clásica canción "Un año más" www.youtube.com/watch?v=LK2T8K7ATWE

E con esto dou por finalizado unha etapa. Non sei se voltarei escribir neste rincón ao que lle teño tanto cariño. Ata pronto Viviendo en Zoociedad!