El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

10 abril, 2017

Carta a Cloe

Querida Cloe:

hai moito tempo que hai moito tempo que non che escribo e quizáis te preguntes por que... se alá onde ti estás tes conexión a internet saberás o motivo ao visitar o blogue. Vai facer seis anos que partiches para non voltar e unha parte de min foise contigo, bótote de menos... Sabes ben o que significabas para min, unha irmá maior de distinta nai que resulta ser a miña tía...

Onte estaba elixindo que película ou serie ver en Netflix e vin aquela película coa que tanto nos rimos na que una cebra aspiraba a ser un cabalo de carreiras. Seguro que te acordas das moscas gitanas, Flato e Cuesco, canto rimos con aqueles personaxes!! Ver aquela carátula da película no Neflix me fixo pensar en ti, e déronme ganas de volver a vela par sentirme un pouco máis cerca de ti recordando aquel momento de risas...

Resúltame curioso como ao ver unha película ou escoitar unha canción que relaciono con alguén me acerca ao momento/situación vivida... non sei se me explico... No caso de "Héroe a rayas", que así se chama a película que mencionei, me recorda ao noso afillado e a ti aquel día que a vimos sen saber nada da película... o feito de vela agora me transporta a aquela época na que o afillado era pequeniño e ti estabas aquí... os tres a tombos, chorando coa risa por Flato e Cuesco e as súas cancións.

Miña querida Cloe, ogallá tivera un minuto para terte diante e darche unha aperta moi grande... non sabes o necesario que e alguén ata que che falta... espero que estés ben alá onde estés. De ven en cando me permito o luxo de soñar contigo e vivir unha aventura familiar na que estades ti, meu pai e avoa... que rápido pasa o tempo!! Once anos dende que a avoa marchou, cinco vai facer en dez días desde que o fixo meu pai e en xuño 6 sen ti...

Os soños son o lugar onde nos reunimos e é unha mágoa non poder controlar o que soñamos para tentar vervos todas as noitas, ás veces é tan dificíl estar aquí sen vos... Faime un favor miña queridísima Cloe, dille a meu pai que aquí estamos ben, que o seu coche o xubilamos e que próximamente nos pagarán a expropiación da finca, ... O mundo aquí está medio tolo, a prensa non fai máis que trasladarnos malas novas pero últimamente fago por non vela, son máis feliz así. Na casa hai moito bicherío, dous cans novos (Koi e Lucky) ademáis da Peta e os gatos de sempre (Ray, Patus e Negri), Toliña segue coma sempre e houbo un día que lle mordeu no nariz a Koi... todo quedou nun sustiño e tívenlle que berrar á túa compañeira peluda.

Encantaríame que estiveras aquí para coñecer algunhas das persoas tan marabillosas que coñecín nos últimos anos, xa no saio con Saule, a historia rematou hai xa case cinco anos, agora vivo en parella con Azul, é tocaia miña e nos parecemos moitísimo, seguro que che había caer ben.

Hoxe non podo explaiarme moito porque non estou na comdidade da miña casa e é difícil concentrarse, prometo escribir novamente e sen que pase tanto tempo entre misiva e misiva. Ah! E dille a meu pai que antes da semana que ven terá unha carta.

Grazas por ensinarme o que loitar ante as adversidades, síntome afortunada de ter compartido tanto que é inevitable que te bote de menos. Unha aperta moi forte, de alma a alma.


No hay comentarios: