El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

20 abril, 2017

Cinco anos dinse pronto

Ao home da miña vida que se ausentou hai hoxe 5 anos...

Dise pronto, verdade? Xa pasaron 1826 días dende que tiveches que marchar e hai días nos que a dor da ausencia escoce coma se fora hoxe mesmo. Tento recordar todo o bo que vivimos e facelo cun sorriso nos beizos, xeralmente o consigo pero hai días nos que custa... días con algún significado, unha festa de Nadal, un cumpreanos, un aniversario...

Hoxe a medidodía fixo un ano no que te despedimos na cama dun hospital, na planta de coidados paliativos porque o "bicho" (como ti o chamabas) puido contigo. Teño que contache que cumprimos as túas vontades, entre elas que ese "bicho" que habitou o teu corpo fora incinerado contigo.
Ás veces teño pensamentos raros, como se o acontecido non fose real, como se a túa perda foi realmente unha partida a outro país no que agora vives feliz con outra xente. Ás veces te imaxino xogando ao dominó con outros amigos, noutros bares, noutro pobo, ... ás veces me sorprendo do funcionamento da mente, como me engana para creerte vivo, para sentirte preto e non noutro plano, noutra vida... Tamén te imaxino con Bego, coas avoas, co tío... sempre co teu peculiar sentido do humor, feliz e orgulloso de ter tido a familia que creaches xunto a túa namorada...

Pola parte que me toca, como filla pequena e consentida, teño que dicir que nunca sentín tanto orgullo de ter un pai imperfecto e á vez tan ideal. Cando ía ao cole en EXB envexaba ás compañeiras de clase que fardaban de un pai cariñoso e detallista, que lles agasallaba xoguetes, caramelos e "pijadas" varias... hoxe, coa perspectiva que da a vida, vexo como algúns de aqueles pais pefectos resultaron ser mala xente; e vexo como aquel pai pouco detallista resultou ser o mellor que me puido tocar xamais porque en lugar de agasallarme con meros obxectos materiais me ofreceu algo máis grande e importante, os valores e principios. Tamén me ensinou como unha persoa adulta pode desfrutar cal crianza dos praceres da Pantera Rosa, das películas de debuxos, do cine de terror, da curiosidade do funcionamento de algunhas cousas, das chapuzas caseiras, das charlas e chistes coa familia, das cousas disparatadas como atar unha mosca cun pelo e moitas cousas máis.
Son afortunada por ter sido parte da túa familia, a nena dos teus ollos, a túa miniña tan desexada... Grazas polas ganas de terme traído a esta vida e por todo o amor incondicional que me brindaches.

A túa pequena que sempre te botará de menos.


19 abril, 2017

III Guerra Mundial

O mundo está tolo! Marcho catro días ao monte con unha pandilla de xente bo rollista e resulta que onte vexo a prensa e leo o titular "Se da por comenzado la III Guerra Mundial"... eu atónita! Que aire lle dou os mandatarios das diferentes potencias mundiais? Se dedican a mandarse petardazos uns a outros en represalia por X ou B... esto é como cando machos varonís se poñen a discutri a ver quen ten a pirola máis grande!
E eu na miña ignorancia me pregunto se é que non aprendemos nada da historia, dos erros... ou directamente porque os varóns mandatarios están medíndose o tamaño do membro xenital e algún pode arrastrar algún tipo de complexo... Non teño eu moi claro porque a historia do ser humano está plagado de erros que se repiten unha e outra vez...

11 abril, 2017

Poemas que insipiran outros

Esa pared me inhibe lentamente
piedra a piedra me agravia

ya que no tengo tiempo de bajar hasta el mar
y escuchar su siniestra horadante alegría
ya que no tengo tiempo de acumular nostalgias
debajo de aquel pino perforador del cielo
ya que no tengo tiempo de dar la cara al viento
y oxigenar de veras el alma y los pulmones

voy a cerrar los ojos y tapiar los oídos
y verter otro mar sobre mis redes
y enderezar un pino imaginario
y desatar un viento que me arrastre
lejos de las intrigas y las máquinas
lejos de los horarios ylos pelmas

pero puertas adentro es un fracaso
este mar que me invento no me moja
no tiene aroma el árbol que levanto
y mi huracán suplente ni siquiera
sirve para barrer mis odios secos.

PARPADEO (MARIO BENEDETTI )

Alá polo 2014, máis concretamente o día 28 de abril escribía o seguinte tras ler este poema de Benedetti:

Albisquei algo de luz nesta penumbra que me asola, 
unha pequena fiestra aberta tímidamente,
un raio de luz me amosa o mundo tal como o vin (non hai tanto)  
despois de verse ensombrecido por nubes
grises, negras e cargadas de auga que asolagan todo.

Mais non afoguei, entón sigo viva.
vivín anestesiada durante un tempo e comezo a espertar
co mero recordo dun cálido abrazo
que sona lonxano ao tacto, ao sentido
o aroma dun abrazo cómodo.

Anhelo querar abrazar un corpo humano
un cálido xesto que transmite enerxía
sen necesidade de mentar palabras
verbas que ainda non queren saír.

Creada unha parede de pedra ao meu arredor
xa nada ten solución si ven de fora,
cada pedra me arranca un pedazo de ilusión.
En que momento me creei esta xaula
que comezou sendo un escudo protector.

Parpadeo e non me vexo, non me topo
a luz so ben de arriba e estou aquí
rodeada de pedras que eu esma creei
botei incluso a que con axilidade gatuna
entraba unha e outra vez sen darme conta
estaba aí e non estaba soa.

Agora o eco é o meu único aompañante no lugar.
Xa non sei se quero saír, boto de menos o contacto humano,
ás rochas non as abrazo por non sentirme fondamente gilipollas.
Aí arriba brila un sol de tez clara que me quita o sono ou...
debería dicir que protagoniza en moitos casos os soños onde me abrazo a esa ilusión

10 abril, 2017

Carta a Cloe

Querida Cloe:

hai moito tempo que hai moito tempo que non che escribo e quizáis te preguntes por que... se alá onde ti estás tes conexión a internet saberás o motivo ao visitar o blogue. Vai facer seis anos que partiches para non voltar e unha parte de min foise contigo, bótote de menos... Sabes ben o que significabas para min, unha irmá maior de distinta nai que resulta ser a miña tía...

Onte estaba elixindo que película ou serie ver en Netflix e vin aquela película coa que tanto nos rimos na que una cebra aspiraba a ser un cabalo de carreiras. Seguro que te acordas das moscas gitanas, Flato e Cuesco, canto rimos con aqueles personaxes!! Ver aquela carátula da película no Neflix me fixo pensar en ti, e déronme ganas de volver a vela par sentirme un pouco máis cerca de ti recordando aquel momento de risas...

Resúltame curioso como ao ver unha película ou escoitar unha canción que relaciono con alguén me acerca ao momento/situación vivida... non sei se me explico... No caso de "Héroe a rayas", que así se chama a película que mencionei, me recorda ao noso afillado e a ti aquel día que a vimos sen saber nada da película... o feito de vela agora me transporta a aquela época na que o afillado era pequeniño e ti estabas aquí... os tres a tombos, chorando coa risa por Flato e Cuesco e as súas cancións.

Miña querida Cloe, ogallá tivera un minuto para terte diante e darche unha aperta moi grande... non sabes o necesario que e alguén ata que che falta... espero que estés ben alá onde estés. De ven en cando me permito o luxo de soñar contigo e vivir unha aventura familiar na que estades ti, meu pai e avoa... que rápido pasa o tempo!! Once anos dende que a avoa marchou, cinco vai facer en dez días desde que o fixo meu pai e en xuño 6 sen ti...

Os soños son o lugar onde nos reunimos e é unha mágoa non poder controlar o que soñamos para tentar vervos todas as noitas, ás veces é tan dificíl estar aquí sen vos... Faime un favor miña queridísima Cloe, dille a meu pai que aquí estamos ben, que o seu coche o xubilamos e que próximamente nos pagarán a expropiación da finca, ... O mundo aquí está medio tolo, a prensa non fai máis que trasladarnos malas novas pero últimamente fago por non vela, son máis feliz así. Na casa hai moito bicherío, dous cans novos (Koi e Lucky) ademáis da Peta e os gatos de sempre (Ray, Patus e Negri), Toliña segue coma sempre e houbo un día que lle mordeu no nariz a Koi... todo quedou nun sustiño e tívenlle que berrar á túa compañeira peluda.

Encantaríame que estiveras aquí para coñecer algunhas das persoas tan marabillosas que coñecín nos últimos anos, xa no saio con Saule, a historia rematou hai xa case cinco anos, agora vivo en parella con Azul, é tocaia miña e nos parecemos moitísimo, seguro que che había caer ben.

Hoxe non podo explaiarme moito porque non estou na comdidade da miña casa e é difícil concentrarse, prometo escribir novamente e sen que pase tanto tempo entre misiva e misiva. Ah! E dille a meu pai que antes da semana que ven terá unha carta.

Grazas por ensinarme o que loitar ante as adversidades, síntome afortunada de ter compartido tanto que é inevitable que te bote de menos. Unha aperta moi forte, de alma a alma.


07 abril, 2017

Hai días...

Hoxe escribo con bágoas nos ollos despois dunha discusión tonta na casa e despois de ler algún texto que me chega ao alma que escribín en tempos duros. Hoxe recordo cómo aquel "nonseisechovera.blogspot.com" me sacaba as bágoas cada día que escribía nel. Non é que fora o blogue o que me facía chorar senon o feito de desnudarme con palabras, sacando o que levo no fondo... cousa que que levo tempo se facer e que por eso esté tan oxidada na escritura.

Din que quen tivo, retivo... non o sei e pode que o feito de que escribir con máis frecuencia arregla este problema. Non vou mentir nin dicir que vou escribir semanalmente ou cada X tempo só vou ser sinceira e escribir cando me apeteza. Para eso teño que pasar algún tempo soa diante do ordenador, no meu despañiño e deixando que broten as palabras.

Non sei se choverá, non... nunca o saberei pero o que é certo é que todos os meses de abril dende hai cinco anos me poño máis sensible do que quixera. Non estou triste, só irascible e moi moi sensible... salto á mínima (que llo digan ao meu compi de curro Fran ao que case lle mordo unha orella o día da miña volta de vacacións). Son eu no meu máis puro estilo eu... que lle vou facer senon aceptarme e recoñecer os meus defectos... despois de 34 anos unha ten os seus vicios.

Agora escribo con un can sentado aos meus pés, Lucky, el é amor incondicional. Non pensaba eu hai cinco anos en ter un can, pensaba máis ben nun gato, pero bueno... a vida é así e falta de un hai dous, tamén está Koi, entrañable ata a médula. Os dous me sacan da casa en días nos que me quedaría coas luces apagadas eu soiña escribindo sensiblerías, así que por hoxe vou deixar de escribir e voume pasear con estos amigos peludos.