El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

EN OBRAS - Este blog nació de la necesidad de sacar a fuera mi mundo interior, una herramienta que me ha ayudado a aprender a expresarme y transmitir mis sentimientos y sensaciones. Escribir me ha hecho persona y siendo persona he conseguido evolucionar hasta el punto donde me encuentro hoy, en pleno proceso de evolución.

29 mayo, 2013

Unha entrada de versos

Xa levaba algún tempo que non tiña ganas de escribir
e o outro día fun ver una posta en escea de poemas alleos.
Falba un señor con voz profunda na escuridade: un poeta "dismoderno"
eu estaba un pouco perdida ao principio, custoume entrar.
Tiña mil cousas na cabeza, algunhas non era da miña persoa
e outras estaban, algunhas, na testa dende había tanto que xa eran eu.
(Nunca souben escribir en liñas versadas,
ás veces caio en rimas fáciles e tal vez pesadas)
E sen case querelo estaba inmersa naqueles versos,
gustáronme, chegáronme, emocionáronme e espertáronme!
Saín despois de un bo rato escoitando aquelas poesías,
cun ruxe-ruxe na cabeza que dicía: séntate e escribe.
Mais non foi así, saín a tomar algo con unha amiga,
un viño, que ó igual que a poesía alegra o corazón
e ó día seguinte sentín a necesidade de escribir,
deixar que o que levaba dentro saira polas miñas mans en forma de palabras.
Con eso naceu o artigo que hai algúns días se me dou por escribir,
sentinme ben, realizada, a gusto....
sabendo que ese día tiña que chegar e xa estaba alí.
Pasaron dous artigos, e algún día, e a poesía chamou ás miñas portas,
de novo alguén a mecionaba e falaba do que lle gustaba lela,
mais tamén escribila.
Volveu o tempo facer o que máis lle gusta, pasar.
Segundos contruindo minutos,
minutos que fixeron horas,
horas que xuntaron días...
e nun acto revindicativo 
tiven o gusto e o pracer 
de coñecer a un home que me gusta comer, Pipas.
Casualidade da vida que as pipas me gusten tanto
e coñeza a un señor con ese nome e que ademáis
escribe poesía!
Esto non podía ser casualidade,
xa non creo nesa ciencia,
non era cuestión de sorte,
eso pode que non exista,
era un sinal inequívoco!
Se a poesía chamara tan forte na miña porta,
debía mostrarlle algo de cortesía 
e tratar de escribir en verso ainda que fora solo un día.
Sen seguir métrica, sen pesar moitísimo
escribo dende Ogrobe o que hoxe sinto.
Perdoade poetisas e poetas, doutros tempos pasados
que para escribir esta historia non me tivera documentado.

O meu atrevemento levoume a tratar de escribir en verso algo que levo pensando días, tiven o gusto de ver a Antón Lopo e días despois tiven a sorte de coñecer a Manolo Pipas, un tipo normal que vai con unha libreta e un boli a todas partes para contar historias en verso. E xa onte, por se fora pouco estiven tamén con María Xosé Queizán... estou tendo unha sorte que non a creo nin eu. Creo que é un motivo máis para seguir gostando de escribir... sexa en prosa, sexa en verso o que está claro é que a miña vida xira un pouco en torno a escrita, así que a partir de agora adoptarei como miña unha grandísima frase:
Practiquemos texto salvaxe ata acadar o sarcasmo.

21 mayo, 2013

Herdeiros dos erros dos homes

Resulta que hai un par de días chégame ao correo electrónico unha mensaxe do meu cuñado con un enlance de un vídeo onde se ven dous rapaces pelexando. Os dous nenos, de uns dez ou doce anos, teñen unhas caracterísiticas físicas moi marcadas e case opostas. Onde un é loiro e branquiño de pel o outro é de pelo negro e tez morena. Enténdese que un dos nenos é alemán e o outro turco.
Resulta que no vídeo o rapaz moreno malla no loiro de un xeito brutal, cousa que condeno do mesmo modo que se fora ao inverso. Non me gusta a violencia, nin física, nin verbal e moito menos que lla transmitamos aos nosos pequenos en forma de odio. Vale que eu non teño nin "pajolera" idea de alemán e fáltame entender o factor son da situación recollida no lamentable vídeo.
O caso é que o meu cuñado mándame o vídeo por correo con unha frase no asunto da mensaxe que me da moito que pensar: "video comparacion Aleman - Turco" e no corpo da mensaxe so poñía o seguinte: "Situacion real! Si nos defendemos somos Nacionalsocialistas (Nazis)".
Ben... coñecendo como coñezo ao marido da miña irmá xa me dou por pensar que o que ía ver sería unha situación puntual de un enfrontamento turco-alemán, así que abrín con tino a mensaxe e vin un cacho do vídeo. Non o rematei de ver porque non me gustaba o que estaba vendo.
Como interpretei eu todo isto? Pois ben fácil, se ve que este home que me cae na familia, non por elección propia, busca argumentos fáciles para xustificar un odio hacia un pobo, o turco, que non lle gusta nada dende hai xa bastante tempo. E digo esto porque non é a primeira vez que teño un enfrontamento verbal con el polo seu racismo hacia turcos, xudeus e rumanos (non dixo nada respeito aos negros porque temos un na familia, senón habería que ver se os inclúe no mesmo lote).
Onde eu vexo una pelexa entre dous rapaces que por circunstancias da vida un é loiro e outro moreno o cuñado alemán ven unha excusa para sacar á palestra o pasado "nazi" dos alemáns. É unha salvaxada que calquera persoa, de non importa que idade, lle pegue da forma que se ve no vídeo a outra persoa pero é moi rastreiro que de un desafortunado acontecemento de dúas criaturas, que á miña forma de ver debían ser inocentes, se extrapole un conflicto xenófobo como é o pasado nazi do pobo alemán.
E digo eu, se non queres que te tachen de nazi á mínima, por que buscas a menor excusa para traer o tema a un presente que se plantexa difícil socialmente? Paréceme tan triste que fagamos herdeiros dos erros dos homes (si, digo homes porque as mulleres non cometemos esos fallos) e a unhas criaturas que son o futuro da humanidade. A ver se aprendemos de unha vez por todas e deixamos de culpabilizarnos e buscar excusas para seguir alimentando as fogueiras do odio hacia poboacións semellantes. É máis o que nos une do que nos separa.

19 mayo, 2013

Volta ou aparición fugaz?

Había xa algún tempo que non me sentaba a escribir. Quizáis demasiado e espero que esto sexa algo así como montar en bicicleta pois a xente di que é algo que non se esquece. Escribir, para min, non é unir palabras en frases con máis ou menos sentido... escribir, para min, sempre foi a solución.
Dende hai moitos anos descubrín o curativo de vomitar sentimentos e sensacións que me producen o feito de vivir en "zoocieadade" pero pode que xa me olvidara do que sentía ao facelo. Onte fun a un espectáculo que me fixo querer volver querer escribir algo, porque mentres miraba a Antón Lopo recitando e interpretando poemas volvín sentir inquedanzas ao imaxinar o que podía ter sentido este home ao elaborar aquelas frases con sentido.
Por un momento sentín algo que me chegaba a dentro que me emocionou ata o punto de que unha bágoa se asomou á ventá da mirada, os ollos. Non quixen reprimila e deixei que baixara pola miña meixela sentindo que xa non era unha coraza para as palabras. Sentinme embriagada dun sentimento tan profundo como escuro (e non digo esto como algo malo, nin triste) e o que parecía que ía ser unha hora e media longuísima pasouse voando. Aquel home vomitaba versos que te calaban ata o oso, nun escenario sinxelo e alumeado por media ducia de halóxenos que encendía e apagaba segundo a ocasión poñendo en escena un sentimento tan desbordante que me absorbeu. De súpeto xa non estaba nunha sala do MARCO senón nun mundo irreal creado por aqueles versos de poesía con tintes escuros. 
Agora doume conta de que sempre me gustou o escuro e que me sumerxín demasiado no negro que non recuperei a miña persoa ata hai ben pouco. Onte foi un reflexo, un paralelismo ou unha extrapolación da miña fascinación... Gústame escribir e deixar que os sentimentos flúan para tratar de dar coherencia ás miñas ideas e dende hai varios meses non me permito ese luxo porque o corpo non o pide. Pero onte saín parva de ver aquela "performance" (que palabras modernas se empregan nestos tempos, espero tela escrito ben), quería sentarme a escribir con esa resaca que deixan ás veces algunhas palabras nas nosas mentes e en lugar deso fun tomar un viño con unha boa amiga. Durante algúns minutos non tiña conversa ningunha porque a miña mente seguía sumerxida en certas mensaxes que escoitara e ainda tardei en aterrar e tomar conciencia da realidade. Volvín ao meu estado normal habitual, pero con unha inquedanza no corpo... desexo de escribir algo.
E aquí estou, sentada na habitación meca na que tantas veces escribín cousas, esta vez orientada hacia o sur (antes tiña a mesa orientada ao norte, cousas da vida), deixando que as palabras saian soas, desoredeadas... ideas que van fluindo pouco a pouco. Por momentos teño que frenar certas palabras, que se queren adiantar e non é plan de estropear máis un bonito pensamento. Penso en tantas cousas... non existe o silencio na miña cabeza sempre estou con algunha teima que me impide escoitar o silencio real... din que o ser humán é así, non sabe que é o silencio ata que esbirra ou ten un orgasmo... pero esos momentos de silencio son efímeros.
Hoxe non quero cansar demasiado as neuronas, espero que sigan aí, en baixa forma pero en produción para que non pase tanto tempo ata que poida volver escribir.
Será esto a volta do sol ou é so unh destello de luz neste universo negro de escaseza literaria? O tempo será quen o diga... mentres tanto seguirei coas miñas historias e o meu sorriso (porque volveu) nos beizos.