El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

21 mayo, 2013

Herdeiros dos erros dos homes

Resulta que hai un par de días chégame ao correo electrónico unha mensaxe do meu cuñado con un enlance de un vídeo onde se ven dous rapaces pelexando. Os dous nenos, de uns dez ou doce anos, teñen unhas caracterísiticas físicas moi marcadas e case opostas. Onde un é loiro e branquiño de pel o outro é de pelo negro e tez morena. Enténdese que un dos nenos é alemán e o outro turco.
Resulta que no vídeo o rapaz moreno malla no loiro de un xeito brutal, cousa que condeno do mesmo modo que se fora ao inverso. Non me gusta a violencia, nin física, nin verbal e moito menos que lla transmitamos aos nosos pequenos en forma de odio. Vale que eu non teño nin "pajolera" idea de alemán e fáltame entender o factor son da situación recollida no lamentable vídeo.
O caso é que o meu cuñado mándame o vídeo por correo con unha frase no asunto da mensaxe que me da moito que pensar: "video comparacion Aleman - Turco" e no corpo da mensaxe so poñía o seguinte: "Situacion real! Si nos defendemos somos Nacionalsocialistas (Nazis)".
Ben... coñecendo como coñezo ao marido da miña irmá xa me dou por pensar que o que ía ver sería unha situación puntual de un enfrontamento turco-alemán, así que abrín con tino a mensaxe e vin un cacho do vídeo. Non o rematei de ver porque non me gustaba o que estaba vendo.
Como interpretei eu todo isto? Pois ben fácil, se ve que este home que me cae na familia, non por elección propia, busca argumentos fáciles para xustificar un odio hacia un pobo, o turco, que non lle gusta nada dende hai xa bastante tempo. E digo esto porque non é a primeira vez que teño un enfrontamento verbal con el polo seu racismo hacia turcos, xudeus e rumanos (non dixo nada respeito aos negros porque temos un na familia, senón habería que ver se os inclúe no mesmo lote).
Onde eu vexo una pelexa entre dous rapaces que por circunstancias da vida un é loiro e outro moreno o cuñado alemán ven unha excusa para sacar á palestra o pasado "nazi" dos alemáns. É unha salvaxada que calquera persoa, de non importa que idade, lle pegue da forma que se ve no vídeo a outra persoa pero é moi rastreiro que de un desafortunado acontecemento de dúas criaturas, que á miña forma de ver debían ser inocentes, se extrapole un conflicto xenófobo como é o pasado nazi do pobo alemán.
E digo eu, se non queres que te tachen de nazi á mínima, por que buscas a menor excusa para traer o tema a un presente que se plantexa difícil socialmente? Paréceme tan triste que fagamos herdeiros dos erros dos homes (si, digo homes porque as mulleres non cometemos esos fallos) e a unhas criaturas que son o futuro da humanidade. A ver se aprendemos de unha vez por todas e deixamos de culpabilizarnos e buscar excusas para seguir alimentando as fogueiras do odio hacia poboacións semellantes. É máis o que nos une do que nos separa.

No hay comentarios: