El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

19 mayo, 2013

Volta ou aparición fugaz?

Había xa algún tempo que non me sentaba a escribir. Quizáis demasiado e espero que esto sexa algo así como montar en bicicleta pois a xente di que é algo que non se esquece. Escribir, para min, non é unir palabras en frases con máis ou menos sentido... escribir, para min, sempre foi a solución.
Dende hai moitos anos descubrín o curativo de vomitar sentimentos e sensacións que me producen o feito de vivir en "zoocieadade" pero pode que xa me olvidara do que sentía ao facelo. Onte fun a un espectáculo que me fixo querer volver querer escribir algo, porque mentres miraba a Antón Lopo recitando e interpretando poemas volvín sentir inquedanzas ao imaxinar o que podía ter sentido este home ao elaborar aquelas frases con sentido.
Por un momento sentín algo que me chegaba a dentro que me emocionou ata o punto de que unha bágoa se asomou á ventá da mirada, os ollos. Non quixen reprimila e deixei que baixara pola miña meixela sentindo que xa non era unha coraza para as palabras. Sentinme embriagada dun sentimento tan profundo como escuro (e non digo esto como algo malo, nin triste) e o que parecía que ía ser unha hora e media longuísima pasouse voando. Aquel home vomitaba versos que te calaban ata o oso, nun escenario sinxelo e alumeado por media ducia de halóxenos que encendía e apagaba segundo a ocasión poñendo en escena un sentimento tan desbordante que me absorbeu. De súpeto xa non estaba nunha sala do MARCO senón nun mundo irreal creado por aqueles versos de poesía con tintes escuros. 
Agora doume conta de que sempre me gustou o escuro e que me sumerxín demasiado no negro que non recuperei a miña persoa ata hai ben pouco. Onte foi un reflexo, un paralelismo ou unha extrapolación da miña fascinación... Gústame escribir e deixar que os sentimentos flúan para tratar de dar coherencia ás miñas ideas e dende hai varios meses non me permito ese luxo porque o corpo non o pide. Pero onte saín parva de ver aquela "performance" (que palabras modernas se empregan nestos tempos, espero tela escrito ben), quería sentarme a escribir con esa resaca que deixan ás veces algunhas palabras nas nosas mentes e en lugar deso fun tomar un viño con unha boa amiga. Durante algúns minutos non tiña conversa ningunha porque a miña mente seguía sumerxida en certas mensaxes que escoitara e ainda tardei en aterrar e tomar conciencia da realidade. Volvín ao meu estado normal habitual, pero con unha inquedanza no corpo... desexo de escribir algo.
E aquí estou, sentada na habitación meca na que tantas veces escribín cousas, esta vez orientada hacia o sur (antes tiña a mesa orientada ao norte, cousas da vida), deixando que as palabras saian soas, desoredeadas... ideas que van fluindo pouco a pouco. Por momentos teño que frenar certas palabras, que se queren adiantar e non é plan de estropear máis un bonito pensamento. Penso en tantas cousas... non existe o silencio na miña cabeza sempre estou con algunha teima que me impide escoitar o silencio real... din que o ser humán é así, non sabe que é o silencio ata que esbirra ou ten un orgasmo... pero esos momentos de silencio son efímeros.
Hoxe non quero cansar demasiado as neuronas, espero que sigan aí, en baixa forma pero en produción para que non pase tanto tempo ata que poida volver escribir.
Será esto a volta do sol ou é so unh destello de luz neste universo negro de escaseza literaria? O tempo será quen o diga... mentres tanto seguirei coas miñas historias e o meu sorriso (porque volveu) nos beizos.

1 comentario:

O SuSo dijo...

Benvida, sempre é un pracer lerte, e máis verte sorrir.
Transmites moito máis do que podes chegar a entender, porque o fas dende sitios os que non chega o entendemento.

Bicos, e que sexa para quedar!