El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

14 febrero, 2012

Cousas que acostumo a mirar

Resulta que estaba eu botando un ollo ao pasado literario deste blog, e o meu reencontro con Campanilla fíxome buscar un texto que no seu momento me gustou escribir. Este é o enlace orixinal que hoxe me inspira a escribir estas liñas:

Non sei se nalgún momento vos paráchedes a observar a inmesidade do océano... tal vez, coma min, si. Nese instante, onde a vista non alcanza a ver máis alá da liña do horizonte, a sensación que vos inundaba era de pequenez. Eu síntome pequena ao observar o mar, pero non por iso deixo de ser importante.

Eu, que son unha persoa reflexiva e, en ocasións, observadora me quedo mirando o ceo das noites estreladas e a lúa cando está chea. De súpeto penso "cantos segredos esconde o firmamento!" e ao mellor vos, que estades en diferentes puntos do planeta, pensades o mesmo ao ver un punto luminoso no ceo dende outra perspectiva. Pode que esa estrela, aló ao lonxe, pense que todas esas persoiñas que contemplamos embobadas o ceo forman parte de un segredo ainda máis grande.

Cada un de nós formamos parte da importancia colectiva do ser humán, e a nivel persoal somos importantes para alguén. Cada persoa é única e irrepetible, cada rasgo (tanto físico como psicolóxico) fai a cada ser algo exclusivo. E en ocasións penso que si determinada xente que coñezo non existira habería que inventala.

Ás veces dáseme por mirar as formigas, tan pequenas e tan importantes individualmente para o colectivo do formigueiro. Tan aparentemente febles e inapreciables son capaces de levantar cincuenta veces o seu propio peso e ata trinta o volume que ocupan... agora facede a escala e transportádeo ao que significaría para o ser humán ter esas cualidades, imaxinádelo?

É precisamente por este tipo de cousas polas que intento non infravalorar a persoas aparentemente febles e sensibles, pois poden albergar un potencial enorme. Quizáis nestas observacións e nestes apuntamentos me esqueza de mirar no meu interior e valorar o meu propio potencial, pero de valorarme e ver máis alá das limitacións que adquirín cos meus malos hábitos. E vos, lectores e lectoras, pensade se vos valorades o suficiente... ao mellor pásavos o que a min, pero non desesperedes que querer cambiar é o primeiro paso para o largo camiño que supó o CAMBIO.

Outra das cousas que me gusta mirar e tamén me fai pensar, é o paso das nubes polo ceo azul. Soños que quizáis quedan lonxe e pasar rápido por diante dos meus ollos, ideas e sentimentos en forma de algodóns que apresudaramente desfilan pola pasarela azul clara dos días soleados. E se acompaño as miñas contemplacións con unha banda sonora de auga (o son do mar batendo nas rochas ou o río correndo monte abaixo) estarei absorta durante bastante tempo, deixando que as nubes se enchan de formigas e as estrelas brilen un día máis nos ollos vivos e curioso que posúo...

Ah! Esquecíaseme mencionar que o que máis me gusta mirar é...

1 comentario:

Anónimo dijo...

pequenas cousas con grandes significados