El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

15 febrero, 2012

O que máis me gusta mirar

Hai unha cousa no mundo que me gusta mirar máis que nada e esta cousa é o meu propio reflexo na pupila de alguén que comparte comigo varios aspectos da miña vida e que espero, co paso do tempo, poida compartir todos. Unha persoa moi especial, unha marabillosa muller que leva na miña vida algún tempo, co sorriso e os ollos máis bonitos que coñezo.
Non hai más misterio, verme reflexada nos ollos da persoa a que quero, tela preto e observala... eso é o que máis me gusta mirar. É indescriptible as sensacións que me percorren cando a observo por non falar do que me produce o simple feito de acariciala. É o mellor que me pasou nunca na vida e espero que siga a selo durante moito, moito tempo.

No hay comentarios: