El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

13 febrero, 2012

As novas do día

Hoxe é luns, e como cada día pola mañá, boto unha ollada á prensa na miña pausa do café. O que máis me chamou a atención e me fixo reflexionar foi unha nova que fala da detección de casos de cirrosis en xente xove. Click para ver a fonte: AQUÍ.
Últimamente, vendo a negatividade da que van cargadas as noticias, dáseme por pensar (e hai quen di que eso é malo) sobre que clase de mundo estamos creando. Estamos educando aos nosos pequenos e ás nosas pequenas nunha sociedade insana desde o brece, empezamos con esterilizar en exceso o seu entorno, educámolos na individualidade (os "seus" xoguetes, a "súa" taza, a "súa" roupa...), non permitindo a penas que herden cousas (xoguetes, libros e incluso roupa que fora de outra persoa)... por non deixar, non deixamos nin que xoguen na area ou na terra dos parques , en moitos casos xa non existen esto elementos nesos lugares (foron substituídos por algo semellante ao caucho). Agora un neno cae dun columpio e rebota, antes enterrábase e manchábase de terra. Pero isto son só anécdotas, o grave está a outro nivel.
Cando o nento comeza a tomar conciencia do seu entorno se atopa con unha escaseza de referentes positivos que mete medo. Todo é alimentar arquetipos, seguimos educando aos rapaces con xogos de pelota ou de coches e ás nenas con cociñas, carillos para bebés e kits de maquillaxe. E dámoslle máis razóns para tomar como "normal", cousas que quizáis -se as pensamos un pouco- non son o máis axeitado para os pequenos cerebros en formación dos novos cativos.
Pronto ven que o tabaco é supercool, que fumar porros é do máis normal (e que non ten ningún tipo de consecuecia), que beber alcol é a hostia en verso e é a única meta das fins de semana. Entón, cando a xente nova comeza a saír, empeza a beber sen control e sen coñecer as consecuencias dun consumo excesivo de certas substancias.
Así obtemos titulares como o que hoxe acaparou a miña atención e me fixo reflexionar un pouco sobre o pouco que me gusta o mundo que estamos creando para os poucos pequenos que veñen tras de nós. Por sorte, ainda queda xente que educa aos seus fillos en valores que a día de hoxe están caendo en deshuso (honradez, sinceridade, solidaridade, tolerancia...) e precisamente por iso hai que manter a esperanza de que entre tod@s poidamos facer deste mundo un lugar mellor. Quizáis deberiamos plantexarnos que algo falla no sistema que temos instaurado, que tal vez a maneira de mellorar é educar... pero pode que eso non interese porque xente con educación en conciencia non é fácil de someter e manipular...
Non sei, estas son as miñas reflexións de hoxe... Ao mellor o que debería facer é falar de fútbol, xa que os luns é o que copa a extensión de moitos xornáis, ou dos progrmas basura que poñen en televisión... Vou deixar de fumarme as noticias e pasarei de novo aos porros, quizáis así siga naquela ignorancia de antaño... Nin de coña! Gústame ser consciente do mundo que me rodea e gústame tamén sacarlle os pequenos detalles positivos a esta zoociedad que nos inclúe... Son irremediablemente un ser Zoocial e gústame.
Voltei con gañas de pensar, falar e, por suposto, criticar! Estas son as miñas novas do día, cada quen que saque as súas propias conclusións.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Cada xeración ten que superar os seus retos, os seus medos, os seus vicios...