Perdín a miña identidade hai tempo, non sei a onde pertenzo nin de onde veño e moito menos a onde vou. Cavilando paso gran parte do día e non son quen de atopar unha conclusión sobre a miña propia existencia, sinto morriña do significado da vida e ansío tanto volvelo atopar...
Cada quen é libre de pensar e dicir o que significa para si a vida, eu penso que non é máis que un conxunto de feitos levados a cabo mediante decisións co único fin de acadar a felicidade. A felicidade é tan só un conxunto de pequenos momentos cheos de ledicia separados no tempo por acontecementos en xeral.
A meirande parte da xente cre que a felicidade é un estado pleno e perpetuo que se acada chegado un momento da vida e esquece que a felicidade é só un traxecto, non un destino. Ainda así ten que haber algo máis, a fin última do ser humano non é acadar ese estado, penso máis ben que é aprender a vivir acorde co planeta como un neno aprende a convivir na escola.
Penso e penso e sempre me atopo coa premisa de partida que se atoparon antes os filósofos gregos, "o home é un animal social por natureza" e isto me leva a unha segunda que tamén se atoparon clásicos "a finalidade do home é acadar a felicidade". Acepto que o ser humano sexa un animal social pero a premisa da felicidade non me convence, xa que hai quen cando é feliz busca motivos para amargarse e deprimirse. Non o entendo, así como tampouco entendo o mal repartido que está o mundo, ben en canto a sorte como en riquezas.
1 comentario:
Se tivésemos atopado o verdadeiro manual de instruccións da vida non escribiríamos...
Publicar un comentario