El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

03 febrero, 2013

Flipando coa peña. Segunda entrega... cada día máis

Outra vez escribo por "inspiración social". Non deixo de abraiarme co comportamento da xente, cada día escoito tonterías máis grandes e se cadra peores. En cuestión de cinco minutos, que é o que dura o meu descanso visual, reunímonos cinco persoas nunha sala de descanso, catro mulleres e un home. O home empeza a relatar:
- Onte pasei por diante do museo do MARCO e había unha manifestación de feministas...
Unha das rapazas o interrumpe:
- Gritaban "queremos pito, queremos pito"... - e ríese do mal chiste que acaba de facer. A miña cara cambia de súpeto e unha mezcla de ofensa e enfado non pode disimular na miña expresión.
- Eh! Era unha broma!, mala, pero unha broma - intentando retractarse do dito.
- Pois eu son feminista e me acabas de insultar directamente...
- Que era unha broma, muller! -, nin puñetera gracia me facía o asunto...
O rapaz sigue contando o porqué real da manifestación:
- Era unha manifestación "dos en uno", en contra de la violencia de género y en favor del gallego...
As outras dúas rapazas interésanse un pouco pola conversa para ver en que acababa o asunto pero por agora non din nada. O rapaz ponse en modo "profesor" a dar unha lección e no argumento emprégame a min como apoio dialectarl:
- Lupi está de acuerdo conmigo en que hombres y mujeres somos diferentes... y bueno, pienso que el hombre es el sexo más fuerte... y para trabajar se nota... - empeza a liarse a cousa- a ver, nosotros somos simples... nos enfadamos enseguida y claro, es muy fácil que lleguemos a perder los papeles dando una hostia, somos agresivos... pero vosotras, mujeres... sois maltratadoras psicológicas, en las separaciones le negáis el acceso al hijo al padre, lo ponéis contra él... nos machacais psicológicamente y claro, eso no se puede demostrar...
A miña cara ía en ascenso e o enfado aumentaba con cada tontería que salía pola boca:
- Pues si las de ayer gritaban eso de "el machismo mata"... pero o feminismo también, cuántos hombres se suicidan porque sus mujeres las maltratan psicológicamente... eh? Eso no sale en el periódigo pero también pasa
Unha das rapazas que non intervira ata o momento asinte coa cabeza e di que si que hai casos de maltrato psicolóxico de mulleres a homes. Eu xiro a cabeza e miro para ela que continúa dicindo:
- E que unha hostia dancha e pasa pronto, pero o maltrato psicolóxico é moi duro... - a miña resposta é clara:
- Todos os casos de violencia machista van ligados a un maltrato psicolóxico previo, así que non, unha hostia non cura pronto! - e continuo- Non sei se coñeces algún caso cercano de violencia machista de algún tipo? - nega coa cabeza- Pois ao mellor deberías informarte máis...
A cuarta rapaza que estaba na sala non se pronuncia sobre o asunto, so observa e ao rato marcha ao seu posto de traballo.
- O machismo mata, non hai más que abrir o xornal cada día e ver o que acontece. E non so ocorre o que sale na prensa, hai moitas mulleres que sufren violencia de algún tipo e non sae a prensa e nin sequera van a comsiaría en forma de denuncia... é triste, pero certo. Non se pode frivolizar con este tema deste xeito así que é mellor que calemos un pouco.
O rapaz toma a palabra e cambia de tema empezando a falar do segundo motivo da manifestación que atopara:
- Ja! Y lo del gallego? Lo del gallego tiene tela... Yo, como padre, quiero que mi hijo etsudie gallego... que sepa algo de Rosalía y esas cosas... pero de ahí a que tenga que asistir a clases de matemáticas o "coñecemento do medio"... prefiero que le den clases en inglés. Además, ¿a dónde vas con el gallego?
Nese momento marchei do lugar decindo entre dentes aquelo de "que atrevida é a ignorancia". As tonterías eran tan grande que a presión que sentía na salita me impedía estar alí sen perder a miña boa compostura.

Aquí ven a miña reflexión: estamos parvos? A resposta que me ven á mente é ben clara, SI. A falta de respeito e ignorncia fai que a boca diga estupideces supinas. Non podo con algunhas cousas, non quero moestarme en ter que explicar á xente que a ignorancia é ben atrevida, prefiro ser dona do meu silencio que esclava das miñas palabras. Como vou razoar con xente con unha sola neurona? Se lle pides que te escoite non lle podes pedir que razone... Raios! Fala no idioma que queiras pero respeta aos demáis, que non é tan complicado! Xa non podo conter a miña mala ostia, estou cansa de aguantar "gilipolleces"!

30 enero, 2013

Flipando coa peña

A xente non deixa de sorprenderme, e máis cando se encadra dentro do que chamamos "redes sociais". Hai uns días falaba dos "smartphones" e do enganche que nos producen, de como chegamos a relacionarnos con xente coa que estamos na misma mesa a través de programas de mensaxería instantánea e cousas polo estilo. Con estas novas tecnoloxías as novas, non voan, expándense case ao momento a calquera punto do planeta. Se acontece algo traumático nun punto calquera do planeta, segundos despois as antípodas están informadas (ou máis ben debería dicir: teñen acceso á información). Esta inmediatez fai que o impacto se minimice e tan rápido como chegou, se vai. 

Eu vivo na Cidade Olívica e son dun pobo mariñeiro ao que me acostumo a referir como Mecolandia, os que me coñecen sabedes a que me refiro, o resto... non importa! Onte saín de traballar como cada tarde e andiven recollendo un pouco a casa, despois un ratiño de lectura e un pouco de rede social. Abro o CaraLibro e atópome co notición, un rapaz coñecido que tan so me levaba 3 aniños morreu desa terrible enfermidade que está tan en boga na actualidade. O cancro cobrábase unha vida máis, eu quedei a cadros! Xa non so plo feito en si, que moi duro, senon a maneira de enterarme: varias persoas publicaran a súa foto con un pé que viña dicindo D.E.P. Non acabo de ver claro este tipo de cousas... paréceme de mal gusto que, non sendo das persoas máis achegadas ao difunto se dediquen a pregonar a súa foto pola rede. Vale que o Cara Libro non ten moita intimidade, vale que o rapaz non tiña privacidade nas súas publicacións pero de aí a utilizar as fotos para mostrar a pena pola súa marcha,... non teño palabras! Dende logo a min non me gustaría que o día da miña morte as miñas amizades se dedicaran a publicar fotos miñas indicando que o moito que o sinten, e moito menos que o fixera xente que non tiña relación directa comigo. 
Aproveito este artigo para dicir que se un día falto (que o hei facer nalgún momento), sexa dunha partida fulminante e imprevisata ou sexa por unha marcha paulatina, non quero que o día do meu viaxe se faga referencia ao asunto como "homenaxe á miña persoa". Se alguén me quere facer un homenaxe chegado o momento que o faga con palabras sen citarme, pero que sempre, sempre, me recorde con un sorriso nos beizos e con enerxía positiva. Xa sería moito pedir que alguén borrase o meu rastro nas redes sociais, pero bueno... cando falte, facede o que queirades, non esaterei aqui para velo e alá a onde marche non sei se haberá conexión a internet. Entón, so entón, xa vos direi que pasou. 

Despídome por hoxe co meu flipe en cores... Espero que non me teñades en conta esta falta de calidade literaria pero tiña que dicilo. E xa postos, agora venme un pedazo de letra de canción á cabeza que di o seguinte: 
"Que cuando me vaya 
no caiga una lagrima por mí, 
que sólo quede la amistad, 
tantos sueños que recordar... 
Que cuando me vaya 
y coja ese tren una vez mas 
y ya no entre por mi ventana 
ese dulce olor a sal..."

12 enero, 2013

Situacións


Conversa un luns de resaca ligueira.
Muller: "Ese xogador é ben feo pero ten un pivón co que desafogarse"
Home: "Ao final as mulleres ides pola carteira, non pola beleza..."

Un día calquera na oficina, dous homes falando sobre o tratamento das persoas.
Home maior: "A ver se cho explico ben, o de señorita emprégase por exemplo para Carmina..."
Carmina mira hacia os varóns que manteñen a conversa e decide calar para seguir escoitando.
Home novo: "Pero se estivera casada entón habería que tratala de Señora?"
Home maior: "Pilláchelo!"

Entre madriña e afillado.
Madriña: "Que tal de notas, Carlos?"
Afillado: "Bastante ben, só que saquei un ben en Lingua Galega. A profe é unha amargada!"
Madriña: "Carlos, se fose un profesor o que che dera a clase seguro que non lle chamabas amargado."
Afillado: "Pero é que todo o mundo sacou notas baixas e esa señora nunca sorrí."
Madriña: "Pois digamos que é unha muller con un carácter serio."
Afillado: "Mellor!"

Na casa ao rematar de comer.
Nai: "Filla, recolle a mesa e frega os pratos"
Filla: "E logo meu irmán non pode facer algo deso?"
Nai: "El ten que descansar que ven de traballar"
Filla: "E de onde pensas que veño eu toda a mañán, de rascarme a barriga?"
Nai: "El é un home..."
Filla: "E que me dis con eso?"

Esto son pequenos exemplos de como os pequenos detalles do día a día poñen de manifesto que a muller e o home non se miden polo mesmo patrón. Hai quen pensa que o feminismo non é necesario. Hai quen pensa que o femnismo é o oposto ó machismo. Que desinformada anda a xente! Podería poñer moitos máis sen ter que botar a vista a trás e facer traballar á memoria. Últimamente vexo detalles deste tipo en todos os lugares. O machismo está presente en todos os sitios e ainda que non o queira na miña mente tamén pero trato de sustituilo por unha loita pola igualdade, granciño a granciño vou construindo as bases dunha nova realidade para min e as persoas achegadas.