El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

12 enero, 2013

Situacións


Conversa un luns de resaca ligueira.
Muller: "Ese xogador é ben feo pero ten un pivón co que desafogarse"
Home: "Ao final as mulleres ides pola carteira, non pola beleza..."

Un día calquera na oficina, dous homes falando sobre o tratamento das persoas.
Home maior: "A ver se cho explico ben, o de señorita emprégase por exemplo para Carmina..."
Carmina mira hacia os varóns que manteñen a conversa e decide calar para seguir escoitando.
Home novo: "Pero se estivera casada entón habería que tratala de Señora?"
Home maior: "Pilláchelo!"

Entre madriña e afillado.
Madriña: "Que tal de notas, Carlos?"
Afillado: "Bastante ben, só que saquei un ben en Lingua Galega. A profe é unha amargada!"
Madriña: "Carlos, se fose un profesor o que che dera a clase seguro que non lle chamabas amargado."
Afillado: "Pero é que todo o mundo sacou notas baixas e esa señora nunca sorrí."
Madriña: "Pois digamos que é unha muller con un carácter serio."
Afillado: "Mellor!"

Na casa ao rematar de comer.
Nai: "Filla, recolle a mesa e frega os pratos"
Filla: "E logo meu irmán non pode facer algo deso?"
Nai: "El ten que descansar que ven de traballar"
Filla: "E de onde pensas que veño eu toda a mañán, de rascarme a barriga?"
Nai: "El é un home..."
Filla: "E que me dis con eso?"

Esto son pequenos exemplos de como os pequenos detalles do día a día poñen de manifesto que a muller e o home non se miden polo mesmo patrón. Hai quen pensa que o feminismo non é necesario. Hai quen pensa que o femnismo é o oposto ó machismo. Que desinformada anda a xente! Podería poñer moitos máis sen ter que botar a vista a trás e facer traballar á memoria. Últimamente vexo detalles deste tipo en todos os lugares. O machismo está presente en todos os sitios e ainda que non o queira na miña mente tamén pero trato de sustituilo por unha loita pola igualdade, granciño a granciño vou construindo as bases dunha nova realidade para min e as persoas achegadas.

No hay comentarios: