El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

20 febrero, 2012

De novo luns

Hoxe é 20 de febreiro, xa o saberedes pola data, pero quería empezar o meu texto así. É luns outra vez e despois de varios días de abstracción noticiaria tomei contacto, con tino, con esta realidade que nos venden os xornais cada mañá. O mellor, os premios Goya, o peor... mellor nin mencionalo, o mundo está tolo.
De todas as novas que podía ler por aí quédome co triunfo dunha película que vin onte (en inmellorable compaña), Arrugas. Unha metraxe de animación baseada nos comis de Paco Roca, que ten momento doces e outros algo máis amargos, pero unha película ao fine e ao cabo que non deixa indiferente.
Todo o demáis: a crise, as matanzas, as mentiras políticas... hoxe, unha vez máis, ten que ser prescindible para min. Non sei se porque é luns ou porque onte estiven de aniversario, parece que o peso do día a día custa un pouco máis. Quizáis sexa so un desos días que eu catalogo marrón a pesares de ter empezado multicolor...

2 comentarios:

O SuSo dijo...

Por iso fai unha chea de tempo que non leo periódicos, nin vexo teleediarios...as novas van chegando a min moito máis lentas, e xa me busco eu a info que preciso...

Unha aperta dende o soliño do sur.
;-)

Anónimo dijo...

Sempre nos quedará o cine...