El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

28 febrero, 2012

Falar por falar

Xa pasou outro luns, esos días no que todo custa un pouco máis e aproveitando que hoxe é martes decido escribir un artigo novo no blog. Ainda non sei de que os hei de falar ainda, hoxe escribo sen insipiración e sen unha idea concreta así que pode que sexa un churro a miña actualización de hoxe. De ser así, sería eu quen estaría poñendo os churros así que espero que me invitedes a un chocolate ben rico para poder mollar este artigo.
Quérovos informar de que últimamente volvín ver algunhas películas que me fixeron pensar ou recordar algúns valores que tiña esquecidos. Durante a fin de semana as películas afortunadas foron Cadena de favores e Candilejas e onte (que non a vin enteira) Cinema Paradiso cada película con unha mensaxe, positivas as tres e entrañables por suposto.
Sigo sen ler demasiadas noticias para non saturarme demasiado desa enerxía negativa que desprenden xornáis e noticiarios, pero sei (máis ou menos) como vai o mundo. Entre tantas historias de ficción bonitas e tantas outras feas do cotidián, busco un punto intermedio e sigo na miña loita por tratar de buscar o lado bo de todo, sobre todo da xente.
Pode que este artigo sexa un falar por falar, un escribir por non estar calada, pero ao fin e ao cabo é un pouco o resultado dalgunhas cousas que penso. Estou cansa de certas cousas pero sairei á rúa con un sorriso dibuxado na cara, así o mundo me parecerá un lugar mellor.

No hay comentarios: