El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

07 febrero, 2012

E a rara son eu


Non sei que lle pasa á xente. Non sei se serán as ondas electromagnéticas que emiten algúns aparatos electrónicos ou simplemente é a tele que nos fai tontos. Non mentirei dicindo que non vexo nunca a tele, pero o certo é que cando falo coa xente dame a impresión de que estou noutro planeta.
Antes de nada direi que dentro de todo o abanico de frecuencias do TDT hai unha que non está por decisión propia debido á pésima calidade de programación coa que conta. Hai outra canle que vai camiño de ser borrada tamén polo descenso de calidade na programación que emiten.
Omitirei o nome das cadenas por non darlle propaganda, pero se usades un pouco a cabeza enseguida caeredes de cales falo. Resulta que de un tempo a esta parte, cando a primeira cadea mencionada absorbeu a esta segunda, esta veuse sometida aos criterios dos directivos da canle compradora. Isto levou a esta pequena cadea, fundada no 2005, a emitir programación á que eu chamo finamente MERDA.
E nesto de emitir MERDA hai unha cadea que sabe moito, leva dende 1990 entrenando ata conseguir o seu obxectivo, ter unha programación de "calidade" (desculpen que non se note a ironía pero estou tratando de conterme para non dicir máis improperios) que consegue remover as tripas a moita xente, entre elas a min.
Non me gusta nada ese "comercio de carne" que nos propoñen estas dúas cadeas. Deixan á xuventude á altura do betún, venden carne barata, non respetan as franxas de horarios infantís, danlle protagonismo a persoas entrometidas, morbosas, groseiras, ordiarias, malfaladas, ignorantes... e o peor de todo é que exaltan esas cualidades como virtudes e a levan por bandeira alá onde van. Alimentan os tópicos de muller-obxecto, rubia-tonta e moitos outros que deixan á figura da muller nun plano moi pouco positivo. Venden carne, sexo e morbo sen máis fin que o de dar que falar e vender.
Hoxe alucinei cando cheguei á oficina e media plataforma se puxo a falar de un programa, para o meu gusto banal, no que o único fin é ligar a un home. E que home! Un "musculitos" de ximnasio que o programa cataloga de "solteiro codiciado" que se lía á mínima que pode con toda muller que intenta ligalo. Como non podía ser de outra maneira o programa graba ao detalle cada actividade morbosa (baños en piscina, yaquzzi, bicos con lingua, bailes, streaptese). Á xente encántalle todo o relacionado co morbo ou sexo así que comentan o que acontece. Polo que comentaban hoxe o coeficiente intelecutal das persoas protagonistas do programa debe ser igual ao de unha planta ornamental, ou peor.
Eu alucinaba coa xente que comentaba que "si o tío se puxera pinocho", que si a tía era unha guarra... e decía eu, eso é o que vedes? E a máis de un co que teño máis confianza lle dixen "acábame de cambiar o concepto que tiña de ti"... e oféndense! Non matizara se era bo ou malo o concepto per ademáis de emocionarse comentando as cousas do "reallity" lles parece mal que comente negativamente sobre iso. Algunhas das respostas que obtiven foi "pois dime ti progrmas que vexas que ao mellor penso que eres gilipollas"... Eu non lles chamei gilipollas nin ignorantes, nin nada aos meus compañeiros pero tomaron como ofensa persoal a crítica a un programa ao meu parecer ESTÚPIDO.
Ao mellor é de gilipollas ser crítica co que nos ofertan os medios de comuncación e de entretemento. Ao mellor tamén o é ver algunha serie de investigación-ficción, unha boa película ou calquera documental da televisión pública (aquí si farei publicidade de TVE2, é a mellor de toda a oferta televisiva en aberto). Quizáis sexa de gilipollas cuestionarse a finalidade de este tipo de produtos e ao mellor é de paranóicas pensar que é unha ferramenta máis para ternos idiotizados diante da tele para non sair á rúa a protestar polo que acontence nesta sociedade. Ao mellor a rara son eu e o normal é non pensar e aplaudir coas orellas cando unha teta ou unha pirola saia en pantalla.

1 comentario:

Maquillandoavida dijo...

O problema é a falta de criterio da xente que ve o que lle meten por diante, creo que sei de que programa falas porque cada vez que fago zapping o anuncian, a verdade que o outro dia facendo zaping encontreim co programa basura sobre sexo para parexas, fixome gracia, mais que gracia en si pareceum penoso que a xente se preste a participar niso. De verdade que ver a tele é unha porcallada, iso si, pa cando estas soa na casa e queres oir ruido de fondo pa non oir os golpes e gritos dos veciños é macanuda XD