El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

26 agosto, 2011

Amanece, que non é pouco

Amanece un novo día na miña vida, un día máis para contar, para sorrír, aprender e sobre todo para ser feliz. É curiso como cambia o punto de vista segundo o estado de ánimo do día novo que amanece, hoxe xa é venres e, por fin, mañán é venres. Por un lado encántame que os días me pasen tan rápido porque así falta moito menos tempo para poder bicar os beizos do meu amor, pero por outro lado cada día que pasa alónxase máis dese momento tan bonito que levaba tempo esperando que ocorrera, e que xa pasou. Por certo teño unha mente privilexiada que me permite recrear sensacións o recordar aqueles bicos que me dan a vida e me sacan o alento.
Hoxe espertei soa na cama, pensando que a semana laboral estaba dando xa os seus últimos coletazos. Por fin é venres, sae o sol entre as nubes que nos levaban acompañando varios días. Cantando se pasa antes o tempo e agora me atopo cantando algunha canción que me recorda a os seus bicos. Hoxe amaneceu, que non é pouco, e recordei aquela frase que tanto me gusta "non deixes de acariciarme, quero sentirme viva un rato máis". Hoxe decidín olvidar todas as miñas penas e pensar só en positivo: o mundo é un lugar agradable, o amor é un estado que hai que alimentar con boas palabras e mellores intencións, son feliz se creo que o son polo que vouno creer e escribir.
Hoxe volvo gritar ao mundo eso de SER FELIZ É GRATIS.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Unha frase grande, perfecta para adornar unha parede ou algo máis...