El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

20 mayo, 2011

Os contos que eu conto

Non sei se vos ardades daquelas historias de ogros e princesas que escribía hai tempo, eu si me acordo. Non eran historias con príncpes azuis, porque eso non existe e de facelo seguro que habían desteñir, e en estas historias os ogros non sempre son malos, e as madrastras tampouco, os sapos non se convirten en príncpes ó bicalos e a calabaza nunca foi carroza...
A princesa non se namorou dun príncipe senon de unha ogro verde (Shreky era femia a diferencia de Shrek dos filmes de DreamWorks), tampouco esperou nunca casarse cun príncpe azul montado nun cabalo branco, e no banquente do final do conto as perdices aplaudían co público o amor de dous seres femininos que se amaban libremente, comían grelos!

No hay comentarios: