El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

24 mayo, 2011

Cando sorrir custa máis do que esperamos

Ás veces pode doer o primeiro sorriso do día, hai días nos que custa facelo e por eso nos escoce a alma ó intentalo. Pode que outras veces nese intento salten unhas bágoas que esvaran polas meixelas e ó mirarte ó espello te sintes espida e soa. Nesos momentos é preciso, urxente, prioritario, indispensable rescatar un momento da nosa memoria, un momento no que sentimos tocar o ceo coas mans, no que nos sentimos afortunadas e tremendamente felices (porque os hai, creédeme que os hai). A min cústame ás veces, e levo varios días grises pero sempre me regalo un sorriso pensando nesos momentos que teño almacenados na cabeza, os bos.
Cando por calquera razón nos custa incluso rescatar un bo recordo da nosa mente é preciso facer que a nosa alma se sosego -o sorriso é precisamente a mostra dese alivio- é preciso tirar doutros medios que pode resultar ridículos. Probade un día que vos custe sorrír a poñervos un bolígrafo en horizontal na boca e aguantar un rato así, intentando facer vida normal. Cando vos vexades reflexadas por casualidade nun espello da casa por forza vos dará a risa por sentirvos ridículas e o sorriso se debuxará, ainda que sexa por un instante, no voso rostro.
Con ese sorriso un raio de sol iluminará un día gris, unha tempada gris pero actuará como raio esperanzador e sorrir custará menos, doerá menos e será un punto de inflexión se vos propoñedes sorrir só unha vez ó día. Se compartides un sorriso con un ser querido observaredes como, ó igual que ós grembins co auga, se multiplican. Un raio dará paso a dous, dous a catro, catro a oito e oito a dezaseis e así sucesivamente hasta crear un mundo que nos rodea de ispiración para o bo rollo. Un mundo mellor é posible se o acompañas dun sorriso compartido, eso seguro.
Eu este sorriso bríndovolo a vos amig@s, en especial lle mando un ó meu amor que de seguro lle ha sacar bo partido. Para ti "T" :D

No hay comentarios: