El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

18 abril, 2011

Detendo o tempo con palabras

Sempre desexei poder deter o tempo, e nese intento de facer eterno o pasaxeiro descubrín o amor. Non un amor supérfluo sinon un que se escribe con maíusculas, un amor con nome propio. Ogallá fose quen de deter o tempo nese último bico furtivo que nos demos hai xa varios días, pero resona o o eco dos seus beizos ó bater cos meus na miña mente. O sabor da súa boca impregnada no meu subconsciente pulula entre os meus recordos máis recorrentes, e encántame sorrír ó pensalo.
Boto de menos o tacto da súa pel sobre a miña, esa pel suave que tanto me gusta percorrer bico a bico na súa totalidade. Esos momentos están na miña mente gravados e cada vez que imaxino aquelas imaxes, situacións case de película, sinto unha inmensidade de sentimentos positivos. Síntome afortunada por ter un amor desas características, que me quere ainda que ás veces non diga nada, e que me fai sentir viva como xamáis me sentín nunca.
Se puidera deter o tempo faríao naquel momento en que os nosos beizos se xuntaron para formalizar o obvio do momento, para reflectir o amor que dúas mulleres se profesan, dúas mulleres. E que se o meu amor é unha muller? Nunca esperei ter un Romeo e non imaxinei rematar atopando unha Julieta destas características, son afortunada. Ela é marabillosa!

No hay comentarios: