El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

06 enero, 2010

Por fin

Pasou o Nadal e pasou o tempo dos regalos materiais, de toda esa xente que te desexa boas festas se a penas coñecernos e todas esas hipocresías que se acentúa máis na xente nestas datas que deixamso a tras. O caso é que non quería poñer a criticar certas actitudes da xente nin tampouco o Nada, simplemente non me gusta por certas cousas pero hei admitir que ten o seu lado bo tamén. Encántame ver nos ollos dos pequenos a ilusión de aqueles que creen que realmente toda esta parafernalia existe e que os seres máxicos que traen regalos o fan de verdade. Non podo evitar sorrír ó recordar o momento no que o ano pasado Nael abriu, na súa primeira noiteboa con nós, o regalo que Papá Noel deixara na miña casa e esa expresión que dixo que tanta gracia nos fixo "Como sabe Papá Noel que me gusta Spiderman?"... Realmente estaba abraiado, o seu primeiro Nadal neste país, a de cousas que tivo que pensar ese rapaz... eso si era maxia, ese brillo nos seus ollos, ese sorriso...
Este ano non tocou nada de eso, en noiteboa, a única data sinalada que pasei en familia foi bastante normal, unha cea familiar con cancións, chistes e demáis... Por fin se acaban estas datas de compromisos familiares, ceas, comidas e merendas obrigadas... Por fin!

No hay comentarios: