El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

03 enero, 2010

O ano 2009

Así como veu o ano xa marchou e sen que ninguén puidera facer nada por impedilo. Atrás quedan momentos alegres, tristes, nostálxicos, entrañables, inolvidables, ... Atrás queda xente que se desprende da nosa vida como quen tira un "kleenex", xente que se vai sen posibilidade de repetir vivencias e propósitos para un ano que comeza. Ó longo de todo este ano reín e chorei en soidade e con compaña, gritei e enfadeime, protagonicei escenas cómicas e vivín momentos dramáticos. Este ano tivo días grises, negros, azuis, amarillos, ... pero sobre todo coñecin os días con unha tonalidade verde que descoñecía ata o mes de abril. Este ano coñecin xente nova e redescubrin facetas de xente que levaba máis tempo na miña vida que me puideron gustar ou non.
Neste ano houbo tempo para hospitalización de varios familiares por temas diversos pero o que máis me tocou a fibra foi a da miña prima que se pasou todo o ano saindo e entrando do hospital. Este ano que pasou tiven que pedir dúas baixas por enfermidade, caín con larinxite aguda dúas veces e o meu traballo é casi en exclusiva coa voz.
Neste ano perdín a unha boa amiga e tamén a un amigo da pandilla de saidas e botellóns na praia, pero sin dúbida o que máis me marcou foi a perda de Marta. Non hai día no que non me acorde dela, se non é porque oio Sabina é porque falo coas amigas comúns que tiñamos ou mesmo co seu irmán. Ainda non me fago á idea da súa perda e bastante a miúdo se me pasan cousas pola cabeza que me recordan ou fan que pense nela.
Comecei o pasado ano de un xeito normal, en plan encefalograma plano, sen maior emoción que pasar a noitevella e o aninovo coa familia e algúns amigos. Pero a medida que ía avanzando o ano ese encefalograma plano comezou a dibuxar picos hacia arriba e hacia abaixo e a horizontalidade da liña perdeu para sempre a rectitude. Sen dúbida hai dous momentos claves no pasado ano, o amor e a perda. Incluso podo verlle o lado positivo ó momento máis negro do ano e é que eso sirveu para achegarme de novo a amigos que xeográficamente estaban lonxe e a valorar máis a súa amizade. Sen dúbida a mellor noticia de este ano é que me namorei, esta vez é un amor grande, escrito con maiúsculas porque sinto como nunca sentira todo aquelo que trae consigo este estado no que me atopo agora.
En 26 anos de vida xa me tivera namorado outras veces pero nunca así, como sempre de xeito inesperado aparece unha persoa na miña vida e sin querer vai surxindo o amor. Ós poucos días de coñecela xa sabía que a quería e aínda que me pareceu precipitado díxenllo, o único que temía é que se asustara e saira da miña vida tan pronto como chegou, pero a sorte púxose de cara e quixo o destino alimentar este amor primeiro con bicos, abrazos, caricias e todas es cousas que manteñen viva a ilusión, o desexo, a paixón... Nunca sentira o amor deste xeito, sen dúbidas, sen excusas nin explicacións, e ainda que ás veces costame moito facerme entender sigo intentado para que a comunicación sexa fluida e os malos entendidos se minimicen o máximo posible. Podería seguir intentando explicar os sentimentos pero está claro que é complicado e perfiro non racionalizalos ata o punto de poder describilos sen máis. Sen dúbida coñecer á princesa do conto que estou vivindo é o mellor que me pasou ata o momento. Este ano que comeza está plagado de ilusións, bos propósitos e algunha promesa que penso cumprir. Hora a hora, día a día e semana a semana todo o que sinto me fai máis grande e o amor que sinto crece por momentos e seguirá facéndome grande, facendo que desexe ser mellor, que queira seguir crecendo e compartido todo coa persoa amada.

No hay comentarios: