El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

10 febrero, 2018

Perdendo a fe na humanidade?

Bos días mundo,

hoxe quero escribirche unha carta para preguntarche que é o que che pasa. Non entendo nada do que está acontecendo, a medida que avanzan os tempos a humanidade dexenera. Hai un tempo que decidín non ler moito os xornais, tantas noticias manipuladas, tantas miserias, tantas atrocidades... non sei, chegou un punto no que me supera e prefiro vivir cos ollos pechados.

Son consciente de que vivimos nun sistema corrupto, cheo de xente aproveitada que non dubida en pisar a cabeza de outra persoa por lucrarse e ser mellor... mellor en que? Mellor no sentido económico, porque vivimos nunha sociedade no que o ter máis e mellor premia por riba de ser mellor persoa... aparentar, ter, gastar, necesitar... NON ME GUSTA!

Onde quedaron os valores das persoas, onde está a xente boa, onde? Que fixeches con eses seres anónimos que se preocupan polos seres que ten no seu entorno, que non dubidan e botarche un man cando o precisa, que te escoita, que che fala co corazón na man, que non te xulga porque non tes o móbil máis moderno ou o coche máis bonito? ONDE? ONDE ESTÁN?

Hoxe horroriceime ao abrir un xornal e ler os titulares... Corrupción política, como é habitual nesta merda de país, movementos estudiados polos que dictan sentencia contra un organismo podre... pero eh, tranquilos... CATALUÑA!! Mirade para esa nación que quere romper coa UNIDADE DE ESPAÑA (esa que defendía e inculcaba Franco en todos os ámbitos da vida de calquera, afín ou non a aquel réxime). MIRADE, MIRADE, ESTA XENTE CANTALANA ESTÁ TOLA! QUERE A INDEPENDENCIA! E mentres nos medios nos bombardean e nos cegan con esa (des)información non vemos que nos siguen roubando dereitos, que están acabando coa sanidade pública, que blindan os seus cus a costa de vender os nosos (non vaia ser que non poida sentarse en sillóns de coiro e teñan que pousalo no chan)...

Sigamos absortos nas redes sociais, protestando por aí, non saiamos á rúa e paralicemos o sistema... o sistema non funciona sen as persoas, que se vos meta na cabeza... nós somos moitos e eles poucos... se nós non loitamos polos dereitos, ninguén o fará, e menos estes gobernantes de pouca monta... Pero bueno... esa non era a cuestión, xa me desviei do tema que quería trartar, pero unha ten tanto que dicir ao respecto que non pode calar... ao tema! HOXE HORRORICEIME AO LER O XORNAL... Por que? Porque non dou crédito a todas as atrocidades:

Menores que abusan sexualmente dos seus compañeiros de clase, ou que tenta agredir a mulleres sexualmente, soldados patriotas que abusan de unha compañeira... está de moda a "manada"! QUE HORROR! Hai uns días unha nena de 11 anos da a luz... o pai da criatura é o seu propio irmán, tamén menor... ESTAMOS TOLOS OU QUE?? Escandalizada con todos os casos de violencia e asasinatos machistas, agresións, violacións en masa,... o que máis me escandaliza é que nalgúns dos casos que vos mencion os agresores son CHAVALES, MENORES... QUE CHE PASA MUNDO?

Esto fai que me pregunte se realmente estamos educando ben aos nosos xóvenes (falo en masculino si, porque eles son os que cometen as violacións), que clases de valores lle ensinamos... na miña mente a resposta é NINGÚN! Coas rapazas tampouco o estamos facendo moi ben e deberiamos replantexarnos moitas cousas. Non quero entrar en detalles dos porqués de todo esto pero hai un denominador común que se chama MACHISMO, que ainda que moita xente diga que non existe está aí, en todo e en tod@s, pero se non somos quen de cambiar as nosas mentes, difícilmente poderemos ensinarlle valores de respecto e igualdade a @s nos@s menores.

Miña nai e meu pai, ainda que me educaron sin concienciación feminista, ensináronme uns valores de respecto hacia o resto das persoas, tamén me ensinaron que non son mellor por vestir de marca X, que as cousas (non so as materiais) teñen un valor e que non podiamos vivir por encima das nosas posibilidades... ensináronme o respecto e o amor polos animais, pola natureza e moitas cousas boas e con elas hoxe podo dicir que teño uns principios e ainda que son Marxista, das de Groucho, "estes son os meus principios e se non lle gustan, NON hai outros".

O que observo agora é que a rapazada é educada pola tecnoloxía, móbiles intelixentes, Smart TV, tablets, ... Ainda que sucumbín á nova era e son usuaria de smartphone, ás veces párome a pensar e dame medo pensar que teño algo máis listo ca min no peto... pero gústame pensar que ese aparato non vai ser que eduque a @s meus/miñas fill@s (se aglún día teño), e que tal vez algo de min quede nas videiras xeracións, igual que en min hai algo de meu pai e de miña nai...

E xa non quero entrar a falar das atrocidades que cometen contra os animais, abandono indiscriminado de cans (que son empregados como ferramentas de caza e que, coma quen tira un obxecto cando non vale, cada febreiro se incremeta o número de galgos, podencos e outras razas empregadas para este "deporte" tan sádico), de gatos, e de moitísimos outros animais... Cando nos vai entrar na cabeza de que eles tamén teñen dereitos, que non son cousas, son seres que sinten...

Dende que adoptamos a Koi, o galgo canoso que mora no noso sofá, unha realidade atroz se abreu ante os meus ollos... non coñecía a situación do galgo neste país de pandereta ata que a delegada de Galgos 112 nos contou algunhas das cousas que pasan por aí polo sur... SEN PALABRAS...

Din por ahí que non se pode loitar contra todos os males do mundo, que unha persoa soa non pode cambiar unha sociedade tan podre... pero despois de todo esto, de todas as merdas que saen no xornal e outras que non o fan... cando creo que estou perdendo a fe na humanidade, aparecen eses destellos de luz no ceo da noite... persoas que coma min ainda creen que hai persoas boas e que con pequenos xestos se pode facer desta borralla algo bo. Gracias a esas poucas persoas que creen que un mundo mellor é posible, manteño a fe na humanidade e espero que pouco a pouco poidamos cambiar as nosas cabezas, ordenar as ideas, ver máis alá da merda que nos asolaga e quedarse co BO... porque si, querido mundo, estás moi tolo pero ainda tes cousas boas...

Hai unha frase que fixen miña hai uns anos, cando decidín comezar a cambiar a cabeza e deixar de ser unha cinza... UN MUNDO MELLOR É POSIBLE SE COMEZAMOS POR UNHA MESMA!

No hay comentarios: