El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

03 mayo, 2012

Sobrepasada

As persoas, todas, temos un límite. Algunhas nos empeñamos en non querer saber cales son, non sei ben se por medo a encasillarse ou se é por simple imprudencia. Eu sempre me empeñei en non querer marcar os meus límites, sempre soñei que podía acadar todo aquelo que me propoñía e que podía con todas as cousas que me podían vir. Pois resulta que non é tan sinxelo como pensaba.
Onte, quizáis por primeira vez, sentinme sobrepasada por todo. Foi un día estraño, dubidaba de todo sen cesar -ata de si debía ou non respirar fondamente- e non puiden tomar un decisión sen vacilar. Ao saír do traballo dubidei se acudir ou non a pedir cita na sede local da AECC, ao final optei polo si e cando saín de alí o mundo se me viña encima. Vaguei sen rumbo polas rúas chuviosas da cidade dubidando se ir á casa ou facer algo diferente, propoñerme un pequeno reto. 
Descartei irme para a casa porque o único que me apetecía era chorar así que optei por ir a cone tras vacilar moito se ir ou non. Paseeime por diante da caarteleira do Multicines e elexín unha película que me tiña moi boa pinta, Vilamor. Dubidei ata a hora de pagar a entrada pero unha vez comprada entrei na sala que me correspondía e fun a sentarme onde non houbera moita xente. Unha voz me chamou de entre os asentos e puiden ver con gran asombro que o meu amor estaba naquela mesma sala en aquel mesmo momento e esbocei un sorriso.
Intecambiamos unhas palabras e inevitablemente unhas bágoas malcontidas esbararon polas meixelas. Non puiden reprimir a tristeza coa que viña acompañada e manifestouse naquel momento, por sorte unha man amiga me ofreceu un pañuelo de papel e algo de beber. Durante a película esa mesma man me agarraba a man evitando que me afundira máis no pozo da tristeza e grazas á dona desa man puiden rematar o día esbozando un triste sorriso.
Pero non teñades pena por min, son das que pensa que máis vale un triste sorriso que a tristura que produce non voltar sorrír. Estou sobrepasada, si, por iso acudín a unha profesional.

No hay comentarios: