El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

25 julio, 2011

Erros e tánatos

Que tonterías máis grandes se din e se fan nun tanatorio cando o defunto non che toca na casa, teño varias anécdoctas ao respecto pero contarei so as da última visita. Dinse moitas cousas alí, pois son moitas horas de estancia, a frase estrella que se leva a palma é esa que di "é lei de vida". E digo eu, como carallo pode ser lei de vida que unha nai enterre á súa filla se é totalmente antinatural? Está claro que a xente non pensa demasiado cando fala, de aí que me de por creer que son "gilipollas".
Hai outros detalles que me dan moita rabia, como por exemplo ter que chamar a atención a xente que non se sabe comportar nun velatorio, e refírome en concreto a un detalle que parecía surrealista total, vos poño en situación:
A caixa coa difunta a velar no expositor do tanatorio, a familia a carón do cristal en silencio ou susurrando palabras de ánimo e reconfortantes, algunha xente paseandose polo tanatorio para dar o pésame a todo o mundo (cheguei a ver xente sin relación directa coa finada que foi consolada por algún desmemoriado do lugar). Certa xente sen relación directa coa persoa que se estaba a velar ocupando as sillas máis cercanas ao expositor desprazando así a tí@s e prim@s e provándoos dun asento cercano ás persoas que peor o estaban a pasar, os pais. Ata aquí nada fora do habitual, un costume fortemente arraigado nun pobo pequeno como o meu (a xente debe pensar que aquilo era un espectáculo e que hai que ocupar o sitio máis cercano ó escenario sen ter en consideración á familia afectada polo suceso).
Por se fose pouco a xente deste calibre, máis en concreto dúas persoas que pasaron a formar parte da miña lista de indeseables, se puxo de cháchara a falar de hospitales e enfermidades varias como se de un concurso de televisión se tratara. "Pasen e vexan quen é a que máis veces pasou por médicos e quirófanos... Temos unha operación de muñeca, outra de rodilla, unha dun cuñado, dun fillo, dun sobriño... Quen gañará este concurso gilipollas?" (ler estas liñas entrecomilladas con moita ironía). Eu quedei atónita vendo aquelo, buscaba miradas de aprobación da miña prima e tía (que se atopaban máis preto de min) para poder chamarlles a atención, de boas a primeiras miña prima "Zoina" me dixo que me relaxara sen deixar de poñer caras a ver se as mulleres estas se daban por enteradas de que estaban importunando. Pero alleas ás nosas reaccións (malas caras, suspiros, bufidos e comentarios sutiles) seguiron narrando con todo detalles operacións nas que se "necrosara" (esa foi a palabra que nos fixo estoupar) non sei que cousa...
Eu quedei tonta coa estupidez supina desta xente e nin corta nin preguiceira lles chamei a atención coa maior educación que puiden reunir naquel delicado momento. "Perdonen ustedes... " lles dixen "non se dan conta de donde están? Nas últimas semanas xa tivemos bastante dose de hospitais e médicos como para que se poñan a falar do tema, así que fagan o favor e teñan un pouco de respeito... por favor". A miña cara de furia e a miña entonación deixounas sen palabras e disculpáronse ao momento. Posteriormente comentoume Zoina, que o "por favor" me quedara demasiado borde pero que fora moi correcta ao chamarlle a atención. As señoras enmudeceron e non volveron falar no tempo que estiveron alí. E digo eu, se non falan de desgrazas médicas non teñen tema de conversa?
O que digo eu é que a xente non ten vergoña, moitas veces vai ao tanatorio por non ir tomar un xeado, é moi desconsiderada, tosca e falta de tacto. A santo de que ven que unha persoa que non me saúda pola rúa me veña a dar o pésame cando morre un familiar? Paráronse a pensar o ridículo que fan cando van consolar a unha persoa que se atopa no tanatorio chorando sen saber se hai ou non relación coa difunta?
E outra cousa máis quería engadir, que ninguén me diga "canto o sinto" porque o primeiro que vou contestar, como boa galega, vai ser unha pregunta, "que sintes?". E non todo o mundo sabe contestar a iso... Esto o digo pola xente en xeral, pero para persoas en concreto (aquelas que realmente me aprecian e teñen relación comigo) quero aclarar que non se sintan agredidas polas miñas palabras, pois so lle podo demostrar o meu eterno agradecemento por estar aí nun momento tan duro. Gracias Tai, Eva, Marta, Pipas Girls, Gemma, Masé e compañía...

PD: Disculpade se últimamente estou algo máis borde do habitual ou se digo cousas toscas que vos poidan facer sentir mal, pero últimamente non mido as palabras e me salen a borbotóns. No me teñades en conta estos días de tristeza e frialdade e perdoade se unha bágoa se asoma aos meus ollos e marcho a correr sen maior explicación. Estou mal, pero conseguirei recuperarme, é algo que me ensinou alguén moi especial "sempre hai que loitar para superarse, sempre adiante".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

No te preocupes Lupi, se entiende y se te apoya, tienes una rotura en tu ánimo y ahora, como tú bien dices, todo sale a borbotones. Poco a poco se irá cerrando y volverá a canalizarse. Y al que no le guste lo que dices, que no haga por ganarse esas palabras. Tomaté tu tiempo en cerrar esa herida, porque después pueden quedar una fea cicatriz. Ánimo. Larry

Taiara dijo...

Ao principio dinme por aludida polas túas palabras, pero despois de ler a aclaracíón só podo dicir que se soubera compoñer unha canción faríao, se puidera escribir un poema faríao, pero sabes que non teño esas cualidades. Sen embargo, teño a as palabras que me deu a experiencia e todo o ben que che poida facer a miña compaña. Bicos.