El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

03 mayo, 2011

Be water, my friend

Cincocentos anos de Cristo xa decían eso de "todo flúe, nada permanece" e decíao un home que ó parecer sabía moito, Heráclito de Éfeso tamén coñecido como "o Escuro". E tiña razón, polo menos segundo a miña maneira de velo, a vida é un proceso de cambio constante, nunca é estática.
Eu son vítima de moitos cambios, e coma min toda a xente que quere evolucionar. O motor do cambio? Moitas veces a vontade de querer cambiar, de querer mellorar, de querer sentirse mellor con unha mesma e con esta sociedade que nos tocou, outras veces o simple paso do tempo é estímulo necesario para que o cambio se produza. Pero non deixo de ser xamáis eu mesma, cometín o erro de disociar unha parte do meu pasado e bauticeino con un nome, Miniyo, xulguei o forito da disociación de xeito severo e ata non hai tanto puiden perdoar. Así que non quero disociar máis a miña personalidade ou a miña historia porque algo que ocorreu o por algo que ha de acontecer nun futuro, eu sempre serei eu de principio a fin.
Eu fun eu en pasado e son eu en presente, unha versión mellorada do que fun e unha versión obsoleta do que serei. Pero non quero vivir en pasado nin en futuro, pretendo vivir no presente a gusto coas miñas circunstancias e, por suposto, sen esquecer as pequenas cousas que quero seguir mellorando. Querer é poder, é o primeiro paso para poñerse en marcha, discernir que é o que se quere cambiar e o que se quere acadar sen importar o camiño a tomar. Esto é un síntoma de que estou asimilando cambios que me quedan por facer porque quero poder ofrecer a versión óptima de esta eu que son en presente. Porque con tanto cambio en tan pouco tempo conseguín sentirme mellor, consguín simplificar certos pensamentos e conseguirei romper as miñas limitacións para seguir crecendo.
O crecemento persoal é algo moi importante que cada cual ten que considerar se levar a cabo ou deixarse ir neste mundo tolo. Non podemos controlar as circunstancias pero si que podemos adaptarnos ó que virá, sempre sen esquecer que cun sorriso o camiño máis tedioso faise algo máis levadeiro. Anímovos, e anímome a min tamén, a querer e aspirar a pequenos cambios que desembocan na magnificencia persoal.
Eu sigo como dixo Heráclito, fluíndo como a auga porque para pernacer impasible e queda xa haberá tempo cando deixemos de existir.

No hay comentarios: