El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

23 diciembre, 2010

A saída do armario

Son a pequena da familia con moita diferencia, teño un irmán e unha irmá maiores ca min. Meus pais son maiores, ambos están xubilados e sempre pensei que eran cerrados de mente.. Meu pai decidiu cando deixou de estar embarcado que quería ter unha filla xa que non puidera disfrutar da infancia dos meus irmáns. Así que me tiveron con corenta anos, cheguei ben tarde a unha familia tradicional católica. O de ser a pequena é unha bicoca ou unha condea, todo o mundo te mima e te quere e espera o mellor de ti pero o feito de ser a pequena é razón suficiente como para compararte cos irmáns maiores, así que crecín e eduqueime á sombra da comparación, esto foi un feito que me marco moito pero despois de todo non saín mal. Estou plenamente agradecida de ter a familia que teño pero non me din conta do tolerantes que eran meu pai e miña nai ata agosto do presente ano.

Digamos que ata a miña adolescencia fun completamente asexual, nunca me sentira atraída por ningúen. Pero cando entrei no instituto coñecín a unha rapaza que me fixo plantexarme moitas cousas, ata entón na miña cabeza a homosexualidade era algo lonxano e demasiado moderno, nunca pensara na posibilidade de sentirme atraída por unha muller. De súpeto comecei a pensar nesta rapaza e a sentirme diferente ó resto das miñas amigas, sentíame rara por sentir algo hacia unha moza e nada hacia ningún dos mozos cos que tonteaba as fins de semana. Collín ese sentimento e enterreino no máis fondo do meu ser coa esperanza de que desaparecera por completo. Durante un tempo funcionou e puide seguir coa miña vida "normal", salir de marcha e ligar con rapaces... Eso era o esperado dunha muller, que buscase un home ó que querer... na miña búsqueda non atopei nada, só frustración e represión, non deixaba que fora eu mesma. Pasou máis de un ano ata que outra amiga me fixo pensar en ela máis do debido, sentía algo e volvíame sentir rara... collín de novo ese sentimento e volvín enterralo no máis fondo que xamáis puidera imaxinar, máis abaixo que a última vez que o fixera. No meu afán por esconder a miña inclinación sexual seguía no mundo como unha muller heterosexual moi resultona e a miña lista de homes iba crecendo pouco a pouco. A medida que esta lista se facía máis grande a miña frustración crecía a pasos axigantados, sentíame mal cada vez que bicaba a un rapaz e peor se mantiña relacións con el. Seguía buscando un home que me quixera e que puidera querer... pero seguía angustiada.

Pasaron anos ata que por fin alguén de meu entorno se declarou abertamente lesbiana e aquelo que me resultaba tan lonxano se fixo algo máis familiar. Puiden normalizar un pouco a miña visión da homosexualidade e tras moito sufrimento decidín comezar a aceptarme. Como estaba "de moda" a bisexualidade declareime bisexual no círculo de amizades que tiña e ninguén me miraba raro. Eu seguía na miña búsqueda do príncipe azul, pero resulta que o que realmente esperaba atopar era unha princesa verde. Vivín angustiada moitísimo tempo, fustigándome unha e outra vez por ser a "rara" da familia mentres no meu entorno me seguía comparando coa miña irmá. Ela casou con un home e formou unha familia e podía ler nos ollos de meus pais que esperaban o mesmo de min, por iso me volvín un tanto uraña... contestacións bordes a miña nai á mínima que quería saber da miña vida ou decía algo que non me gustaba oír, facéndoa sufrir con cada palabra envenenada que lanzaba. Entón non me percataba que o veneno o levaba eu por dentro, tanto alimentarme de deseos reprimidos estaba empezando a pudrirme.

Puiden facer unha vida paralela á familiar na que comecei a salir polo ambiente e a coñecer máis rapazas que eran tan "raras" coma min, fun madurando e aceptando o que son, unha muller lesbiana. Pero non foi ata o 11 de agosto de este ano, máis de dez anos despois de levar agochado tan "negro segredo" no que estalei. Sempre imaxinara decirlles a noticia de que era lesbiana nunha charla tranquila e agradable un domingo calquera á hora do café pero foi todo o contrario. Nunha típica bronca familiar no que se empezan a botar cousas en cara de un lado e de outro apareceu de novo a sombra da comparación. Estaba tan farta, pero tan, tan farta... que as miñas palabras foron "estou cansa de que me comparedes coa miña irmá, non son igual a ela e non o vou a ser.... e se esperades que coma ela case con un home estades trabucados, Non me gustan os homes, non vou casar cun home porque non me gustan!!!!!" (estaba chea de ira e de desesperación por tantos anos ocultando unha parte de min, explotara como xamáis imaxinara que podía chegar a pasar) ... miña nai quedou descolocada un intre, miña irmá que estaba por alí e xa sabía dende había uns anos o meu segredo axudoume moito e dixo "a ver se o entendes mamá, que non lle gustan os homes significa que é lesbiana"... Deixeinos mudos por uns instantes pero sentín un alivio inmenso, levaba tanta carga durante tanto tempo que non souben gardar as formas. Miña nai pensou un segundo e díxome que eso non era un problema e que agora podía entender tantas cousas do pasado ás que non lle atopaba pés nin cabeza. Meu pai, que sempre pensei que o ía decepcionar, tardou máis tempo en falar e dixo que fora como fora ou pasara o que pasase ía ser seguir sendo sempre a súa filla e que non era unha decepción.

Non vos podedes imaxinar qué contrastes de sentimentos, agora falamos abertamente e temos moitísima máis comunicación que antes. Díxenlles que me sentía orgullosa de ter uns pais como os que me tocara, por ser tan comprensivos para a miña sorpresa e eles alegráronse de coñecer unha parte de min que descoñecían ata entón. Foi unha experiencia gratificante e sen dúbida liberadora, a pesar de que parece larga a historia deixei moitos detalles atrás.

Lupi e as súas historias!

3 comentarios:

Maquillandoavida dijo...

No seu momento dixenche que m alegraba de que llo dixeras, a verdade e k non sabes canto, ers unha valente ainda que ti penses que non, sufriches moito ti soa sen compartilo con ninguen e ahora podes decir abertamente todo o k pensas, eres libre e a liberdade non se paga con nada.

Podo decir ben alto que me sinto moi orgullosa de decir que son amiga túa!! E sabes que aqui estou e estarei sempre!!!

Bikos

Fernando Pastoriza dijo...

Acabo de leerlo,como relato,nos tienes acostumbrados a cosas mejores....
Pero como parte de tu vida que es,puedo decir,que me has emocionado,he sentido cada palabra y cada sentimiento,me imaginaba toda la rabia acumulada y la frustración....
Diste el mejor paso que podias dar y tuviste la suerte de que tu familia no te fallo...Me alegro muchisimo...

Ro dijo...

Neniña, entendo perfectamente polo que tiveches que pasar todos estes anos ata hai pouco e alégrome moitísimo de que por fin podas ser libre e ti mesma ao 100%.

Biquiños,
Ro