El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

09 febrero, 2010

Palabras e distorsións

Palabras, ás veces tan necesarias e outras tan prescindibles... As grafías son a respresentación dos fonemas que compoñen as palabras que dicimos e se un simple til cambia totalmente o significado da palabra, ou unha letra mal posta tamén o fai... unha palabra mal colocada estropea o máis maravilloso dos pensamentos. Sen embargo as miradas son inequívocas, sen linguaxe gráfico nin sonoro din todo e nada. As palabras, ás veces, distorsionan a mensaxe estropeando, coa mala colocación dunha soa, o máis bonito pensamento.
As miradas din "ámote" sen necesidade de pronunciar unha palabra e tamén sen escribir unha soa letra. Nós non vemos as nosas propias miradas pero sabemos que é o que sentimos cando se están a producir. Cando a miro, á miña princesa, ó meu sol, ó meu amor... o corazón late máis forte e o seu eco pronuncia a frase que describe un sentimento, o meu sentimento por ela. Describe ese amor que ás veces me rebasa e me pode, deixándome sen palabras e coas pupilas en forma de corazón.
Poderán mentir as palabras, incluso a miña boca ou a miña pel, pero sen lugar a dúbidas a mirada é o espello do alma e os mensaxes que se transmiten a través da miradas non poden ser falsificados. Cantas veces terá mentido a xente con palabras, intentando disimular o que o seu interior nega na mirada? E canta da xente que se viu diante desa situación e non soubo ler o contido real, deixándose enganar polas palabras dunha boca mentireira e dunhas palabras traidoras...
Non quero caer no uso abusivo que se lle da a esa mensaxe, unha ou dúas palabras que signfican moito ou pouco pero que sen dúbida está infravalorado e úsase sen máis. Dicir "quérote" xa non resulta especial cando podes ler esa mensaxe na prensa, nas pintadas da rúas, nos libros ou velo resente sempre no cine. Canto máis o din menos sentido ten, a forza desas palabras vaise perdendo e cando non se fai nada por tratar de decilo doutro xeito deixa de ter razón. Intento complementar palabras con feitos, frases con miradas e entre toda esta cantidade de caracteres hai unha mensaxe oculta, ou non tanto, dirixida a esa persoa especial que me fai verdes os días grises e a pesar das miñas limitacións é un bo motivo que apoia os meus cambios.
Espero que o saiba ver e que poida sentir a sinceridade da mensaxe, pero se non é así terei que invitala a poñerse en fronte da miña mirada e sen xesticular palabra poida ler o contido, a mensaxe, sen palabras nin distorsións. Unha mirada, un mundo.

No hay comentarios: