El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

13 enero, 2010

Ideas

Infinidade de pensamenos se acumulan na miña sesera ó longo do ano, algúns desos pensamentos rematan por convertirse en algo productivo e outros quedan ahí ocupando espacio sen máis. Levo moito tempo gardando ideas, soños, metas, pensamentos simples e complexos, sentimentos sempre sinceiros, recordos, sensacións... Todo está na miña cabeza, gardado.
Plans que se veñen abaixo, metas que non alcanzo, desexos que quedan por cumprir... e cada día que pasa vou sumando sen poder evitalo. Como son bastante desmemoriada vou acumulando cousas como que garda trastos inservibles no faiado, coa esperanza de que algún día volverán a ser utilizados. Cando gardamos uns esquís no trasteiro dunha casa de verán somos conscientes de que a probabilidade de que se usen a cotío é nula e, salvo que teñamos a aficción de irnos a esquiar no inverno quedarán ahí para sempre. Non sei se lle pasa a todas as persoas que coma miñ son soñadoras o de non poder eliminar eses bultos que ás veces tapan toda a claridade do lugar, a claridade da mente.
En ocasións anteriores vin como me desbordaban as ideas e me perdía no medio, de súpeto todo me quedaba grande e non conseguía ver con obxectividade as cousas plausibles e reais, as metas que podía acadar sen demasiado afogo. Agora teño unha pequena vantaxe e é que conto con unha brúxula, unha estrela polar que me fai de guía e impide, sen necesidade de facer nada, deixarme perder. O norte está claro, sempre para adiante, nunca para atrás pero creo que teño sobrecarga de ideas inútiles e quero deixalas atrás. Aproveitarei estos días de vacacións que teño por diante e farei sitio no meu coco para ideas e pensamentos útiles.

1 comentario:

Carliña dijo...

Pekecha tiven abandonada a lectura do teu blog durante un tempo pero ahora penso recuperala e poñerme o dia, xa sabes k m encanta como escribes e sempre m gustou. Xa sabes k te apoio para k escribas mais, te presentes a concursos e k intentes publicar algo pork vales moito mais do k ti pensas e se os k estamos o teu caron o pensamos ti deberias tamen, vales moito e podes alcanzar o k te propoñas, os limites marcalos ti, ninguen mais e a unica k te pode frenar eres ti mesma, adiante con todo, EU CREO EN TI, E ESTAREI SEMPRE AKI PARA O K NECESITES.