Porque cando te miro ós ollos se para o mundo, cando te toco comezo a tremer como un adolescente que está a piques de recibir o seu primeiro bico de amor e cando no cine me agarras a man e o teu dedo xoga pola miña palma sinto paz, cando ese mesmo dedo continúa ascendendo polo meu brazo a pel se me pon de galiña e quero deter o tempo.
Entón mirote de novo e sin quitar ollo da pantalla sigues xogando distraida co teu dedo no meu brazo e eu reposo a cabeza no teu hombro e aproveito para sentir a túa esencia e pecho os ollos e sinto máis paz, ningún problema é o suficientemente grande como para romper ese momento de contacto físico, entón desexo poder sentirte mentras durmo. Encantaríame poder abrir os ollos tras un sono apacible e ver a túa cara na miña almofada, sentir o latir do teu corazón ó abrazarte e o calor do teu corpo espido xunto o meu.
Ás veces sítome coma unha besta con unha flor na man, as terribles zarpas da besta rompendo a beleza delicada dunha flor. A flor, a preciosa e fráxil flor tocada por unhas mans que poderían considerarse privilexiadas, rompendo en anacos a fráxil planta pola torpeza dunhas mans duras, grandes e con pouco tacto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario