El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

17 septiembre, 2009

Algo máis que unha historia de amor

Había unha vez, nun país moi moi lonxano unha criatura verde e reservada. Esta criatura facíase chamar Shreky e vivía nunha ciénaga con moitos métodos de defensa para evitar intrusións indesexadas. Esta criatura non quería que ninguén se adentrase no se mundo e tiña á entrada, un foso con cocodrilos e unha muralla moi grandes, carteis de perigo para alertar a posibles visitantes curiosos. Moita xente que se paseaba polas cercanías saía despavorida ó ver tanto sinal de advertencia, o perigo cheirábase no aire.

Certo día unha princesiña verde chegou por casualidade ás portas desta fortaleza, non sei se foi a curiosidade ou simplemente a sorte quen fixo que a princesiña entrara sen maior problema á fortaleza que Shreky se fixera ó longo dos anos. Non sei se Fiona, que así se chamaba a nosa princesiña verde, era consciente de tanta defensa. A cuestión é que sorteou sen maior problema o foso con cocodrilos, adentrouse por un burato que existía na muralla e chegou a dentro da fortaleza. A Shreky gustoulle esta visita inesperada e quedou prendado da súa mirada e do seu sorriso. Shreky, que é moi despistado, tiña trampas, pasadizos e algún que outro método máis de defensa no interior do castelo, e olvidara desactivalas para a súa princesa.
Un día, Shreky quedou preso nunha das trampas e bloqueado sen poder saír temía que a súa princesa marchara pola súa ausencia, pero non foi así, Fiona estaba ahí unha vez puido escapar da súa propia trampa pero tivo que marchar por un curto periodo de tempo. Entón foi Fiona quen temía que á súa volta Shreky atopara unha princesa diferente que a sustituira, o que non sabía era que Shreky só tiña un desexo, poder vela de novo.
Durante a súa ausencia Shreky entretívose pasando tempo cos seus amigos Asno e Gato. Aínda que na compaña dos seus amigos Shreky o pasaba xenial botaba de menos a voz de Fiona, os seus beizos, o seu sorriso, a súa mirada... O recordo dos bicos de piruleta facía a Shreky soñar con que tiña poderes e ó pechar os seus ollos podía viaxar no espazo e plantábase alí onde estaba Fiona, e así podía abrazala, bicala e sentila a poucos milímetros. Xa non quería máis defensas, escudos nin trampas no espazo que puidera compartir coa súa amada e rompeu todos eses obstáculos mostrándose vulnerable ante a princesa. Eso foi unha mostra do que estaba disposto a facer por facer por amor, desmontar as defensas, tratar con cariño á princesa dos seus soños.
Había no noso país centos, incluso miles de princesas de diversos colores pero sólo Fiona cumplía as expectativas de Shreky, e éste fíxolle saber esta noticia á protagonista desta historia. Shreky amanecía todos os días pensando no seu amor e automáticamente toda nube gris desaparecía, os días negros, grises e marróns deixaban de ser colores tristes. Agora o soño diarío de Shreky era poder durmir abrazado a Fiona, tela preto, sentir o seu respirar, escoitar o latir do seu corazón e estar pel con pel durmindo abrazados. O desexo mantiña viva a ilusión de facer cada vez máis plans de futuro a curto prazo e eso o facía sentirse ben...
(continuará)

No hay comentarios: