El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

06 septiembre, 2009

Sen noticias (actualizando ó personal)

Hai un mes que non publico nada, e esta vez vouno facer en galego. A ausencia de noticias, segundo din os ingleses son boas noticias (o dito ven sendo algo así como "no news, good news") e o certo é que nun mes pasoume un pouco de todo. Non deixei de ser feliz nestes últimos tempos pero si tiven uns días moi negros...
A historia comezou con molestias de garganta un sábado calquera, pola noite a penas tiña voz... a eses problemas de saúde sumouse que os plans que tiña para esa fin de semana non sairon de todo ben e o que se supoñía que ía ser unha noite de soños doces de dous corpos abrazados non puido ser porque o outro corpo en cuestión tivo problemas máis agudos de saúde. Así o domingo que se supoñía que sería de paseos románticos a carón de mar quedou gardado no tinteiro esperando, como esperan os contos a ser escritos por esa mesma tinta. O luns comezou peor, o meu estado de saúde foi a menos e tiven que acudir ó médico a que me dese unha baixa, larinxite aguda, vamos unha teleoperadora sen voz, a cousa máis inútil da historia do planeta.
Despois de acudir ó médico unha tráxica noticia, unha moi boa amiga marchara deste mundo sen despedirse, o que se traduciu e dous días de tanatorio, abrazos emotivos, reencontros inesperados e lamentos. Tanto tempo sen reunirnos as amigas do instituto e tivémonos que xuntar en tan tráxica situación, o que si sabiamos de seguro era que nunca esqueceríamos a Marta. Os seguintes días non foron moito mellor, moitos pensamentos negativos, demasiado pesimismo e unha soa imaxe, o efímero da vida. Todo esto sumado á nostalxia do amor facían que me afundise nun pozo de areas movedizas, onde cada movemento, por pequeno que fora iba en aumento da profundidade á que me afogaba. Menos mal que vin a luz, recordei esa mirada, ese sorriso e eses bicos que tanto botaba de menos e servíronme de estrela polar, aínda que vía as cousas negras sabía que ese era un motivo para non perder o norte, e non o perdín.
Sumouse despois que me reincorporei ó traballo demasiado cedo e só puiden traballar dous días para despois proceder a coller outra baixa, recaída da larinxite e esta vez os medicamentos foron máis contundentes. Unha semaniña máis de baixa e a fin de semana que houbo de por medio supoñíase que a ía pasar na miña casa, pero as presións dunha nai que quere coidar da súa filla enfera fixo que quedara na casa materna. A mala sorte quixo que a sorpresa que me quería dar o meu amor non se puido dar, todo por non concretar as cousas... un malentendido que se sumou a tantos días negros.
Cando xa por fin me recuperei e me reincorporei ó traballo parte dos meus compañeiros foron trasladados, uns a outro edificio na outra punta da cidade e algúns á cola do paro. Esa semana puide por fin abrazar de novo a ilusión, a miña estrela polar... acudimos ó cine a ver unha peli de ladróns de banco e os seus bicos souberonme máis doces ca nunca, tras tantos días anhelando eses beizos soubéronme coma nunca. Ó principio foi algo extraño e pode que incluso incómodo pero despois limamos as asperezas falando de todo este tempo e todas as calamidades e malentendidos dos días anteriores. Menos mal que falando se entende a xente... Agora xa todo parece que volveu á normalidade, xa teño voz, voltei ó traballo e á miña casa viguesa... A rutina fai máis levadeiros os días ainda que non podo esquecer que Marta xa non está entre nos, pero nunca, nunca a habemos esquecer os que nos consideramos nalgún momento os seus amigos.
PD: Non estou acostumada a escribir en galego así que seguramente vos poidades atopar con algunha falta pero perdoade a falta de costume se repetimos idioma tentarei facelo mellor

No hay comentarios: