El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

23 octubre, 2018

Vendedor@s de fume

Eu digo A, pero fago B...
Ti dis que hai perigo,
eu non vexo tal!
A é a opción correcta
dis tentando camelarme,
pero os feitos din B...

Non é unha mentira
mais é unha falsedade...
Eu digo A, pero fago B...
e dígoche A, repítome A!
B é o feito... C o resultado!

Agora sorpréndeste
vendiches fume e coherencia
e as cousas cairon polo seu propio peso
A e B... dicotomías da vida

Os erros exiten, os desamores, as aventuras
As mentiras inventámolas as persoas...
Eu digo A e fago B... mentira ou falsedade?
Sé consecuente, asume que B non é A
Que mentir é feo...
vas de guai, non chegas a chachi
e coas accións danos persoais,
corazóns rotos, historias acabadas...
Sigue dicindo A que os feitos claman B...

Cando mintes debes facelo para sempre
ou a túa versión non se sosterá... A ou B,
dúas caras dunha moeda... dúas versións
Pero en realidade a moeda era un poliedro
dos feitos moitas versión e nós sempre con A ou B
branco ou negro
ben ou mal
ying ou yang...

Hai que tentando non posicionarse
se ve arrastrad@ pola merda dunha falacia,
dicotomías poliédricas, un termo inventado
Falacias que negan
Mentiras que tratan de disimular a verdade
Vendedor@s de fume, de motos
Estafador@s a fin de contas...
CONTIGO NON, BICHO!

04 mayo, 2018

Mente e corazón... vísceras (editado)

Na mente está a razón, a sabiduría
no corazón o amor e os sentimentos
pero hai algo máis abaixo do peito
que convirte a boa xente en mala,
no abdome as vísceras,
egoísmo, capricho, posesión, celo...
que se agochan nas tripas.

O racional, algo pensado estructuradamente
con lóxica e coherencia,
bonito a ollos do mundo, doce...
Todo o mundo desexa ter unha mente estruturada,
queren ser coherentes cos seus pensamentos...
Pero hai algo que ás veces altera o raciocionio,
o sentimento, o corazón...

Din por aí que alí onde fala o corazón
é de mala educación que a razón o contradiga...
Pero as veces esas dúas cousas entran en conflicto,
razón vs corazón, quen gañará?

Esa é unha loita que ninguén nega e está ben vista.
Hai algo peor, escuro, triste e repugnante...
Algo que todo o ser humano ten e que pouca xente recoñece.
Nas vísceras se esconden as sensacións escuras,
os sentimentos menos bonitos e quizáis máis salvaxes:
egoísmo, capricho, posesión, celo, odio, atraccións prohibidas,
luxuria, desexos pouco "éticos", pensamentos escuros...

Admito ser unha persoa caval e racional, boa xente din...
recoñezo entrar en conflicto algunha vez na vida
razón vs corazón... unhas veces gañou a razón, outras non
pero hai algo máis que tamén debo asumir, a parte visceral
algo incontrolable mora no meu ventre,
sensacións e sentimentos a "bocajarro", ás veces incontrolables

Teño que aprender a vivir con eso, acepto esa parte
Entra en conflicto co resto e escoce...
É unha dor irracional e incontrolable, so o aillamento me da paz
Afastarme da orixe, crear un caparazón...
non sei outro xeito de facelo e sempre me funcionou
o prezo que pago por esta situación é moi alto
no camiño quedou xente, cádaveres figurados lles chamo

Agora me atopo de novo na encrucillada de estar diposta,
ou non, a pagar outra vez ese prezo tan alto...
serei capaz de ver outra saída? ogallá...
pero cando as cousas doen tanto sen razón hai que aceptalas,
e se fora preciso escapar o máis lonxe posible
non podo ir a ningures pois estou moi ben aquí,
poño a cucha coma se fose unha tartaruga, a dor persiste...
non queda outra que pagar o alto prezo
liberar a alma do tormento supó o conflicto razon+corazón Vs vísceras

Prescindir dunha desas tres partes é impensable,
sería amputar unha parte do meu ser... pero quero vivir en paz.
En paz comigo mesma... o resto é prescindible

Vomito en forma de soños a raiba que produce,
as paga que menos o merece...
unha e outra vez, de s´pueto... calquera cousa me irrita
non queda máis que traballar para controlar
e non perder a pouca cordura que tiña...

Afástate, non te quero no meu camiño... fora!
Preciso voltar á normalidade dunha mente feliz,
tranquila consigo mesmo... pero de novo...
Corre, corre... lonxe, moi lonxe... muros, pedras...
calquera obstáculo que impida que a cordura se vaia...
debo resarcirme, estar en paz comigo...

Teño que ser coherente, coller esa escuridade
enterrala no máis fondo, deixar que se afunda
non permitir que me leve con ela, ao fondo
onde unha vez estiven.

Admito e acepto os meus defectos, os meus caprichos,
a miña raiba... pero sempre tento desfacerme dela...
A raiba é un factor común en toda a miña vida,
convive comigo, ás veces impide que respire
Aceptación, invasión, desolación, vacío, nada...

NADA, o prezo de sentir escuridade no interior
Fin?...

20 abril, 2018

Abril

Din que o tempo cura as feridas mais co tempo aprendín que é mentira esa afirmación. As feridas perduran e o tempo axúdache a comprender e a aprender a vivir coa dor.

Seis anos hai dende o día que perdín ao home da miña vida, como corre o tempo. Non hai día que non me acorde de aquela marabillosa persoa que tiven coma pai. Non foi unh pai perfecto mais foi (e sempre será) o meu pai ideal.

Segundo o calendario maia o ano 2012 foi o derradeiro e alguén interpretou eso como unha teoría catostrifista da fin do mundo. Por sorte o por desgracia a vida continou despois daquel suposto remate do mundo e seis anos despois me atopo contándovos esto.

Para min o 2012 supuxo a fin do meu mundo, todo se veu abaixo: familia, amig@s, parella... Nese momento percateime que, a fin de contas, neste mundo naces e vives soa (sobre todo nos malos momentos)... A familia estaba devastada por dúas perdas importantes en menos de un ano, a de meu pai e da miña prima e eu tiña que ser un apoio firme... @s amig@s que creía ter estaban a outras cousas, cadaquén ten a súa vida e non llo reprocho... a parella, tentou estar durante algo de tempo pero a súa vida tamén se desmoronou e rematamos por deixarnos.

Aprendín con axuda profesional a elaborar un duelo de forma natural, a reconstruirme a min mesma e a sacar cousas positivas de todo esto. Aprendín gracias a unha boa psicóloga o que é a RESILIENCIA. Ao parecer e segundo o criterio da psicóloga era unha cualidade coa que xa viña pero da cal eu tiña total descoñecemento, non se pode ser algo que non coñeces...

A finais do 2012 xa estaba en proceso de recuperación, a resiliciencia facíame saír a frote pero o nadal foi moi duro e o 2013 chegou enseguida. Despois de cada baixón non quedaba máis remedio que remontar e ainda que había xente ao meu redor nadie sabía como me sentía... Foi un duro camiño e no lugar de un duelo decateime de que tiven que elaborar tres, nin máis nin menos!

O duelo pola perda da miña prima Cloe meses antes da de meu pai se quedou parada pola nova do diagnóstico do home da miña vida, o de meu pai e o que a día de hoxe me parece o menos difícil, a ruptura de parella. Todo en menos de 12 meses! E aquí estou, recordando aquela época tiste con certo orgullo...

Hoxe, ano 2018, son unha persoa feliz que ten malos momentos coma o resto do mundo, boto de menos aos que non están, choro e me recompoño. Houbo momentos desde presente ano que espertaron pantasmas dos pasado, a sombra do cancro, as visitas a hospitais... pero por sorte hoxe non estou soa, teño unha persoa coa que formo equipo e á que quero por encima de todo. Se meu pai e miña prima me viran seguro estarían felices de verme así... Pero abril segue a ser un mes que me remove cousas por dentro.