El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

22 diciembre, 2017

Carta de Lucky ao mundo

Ola,

son Lucky, un can feliz orixinario de Ogrobe e que agora vive en Vigo. Non son de ningunha raza recoñecida coma tal, pero non me importa. Nacín nunha familia numerosa onde había máis cans e gatos, a miña nai foi recollida da rúa en estado de boa esperanza. Tiven irmáns antes do meu nacementeo pero cando foron autónomos foron colocados con outras familias. Tempo despois de aquelo, nun descoido dos seus donos, miña nai volveu quedar preñada e nunhas semanas nacín eu con varios irmáns. Non quero que me preguntedes que pasou con eles porque non o sei nin pretendo sabelo (sospeito que remataron como moitos outros cachorros antes ca eles á "vella usanza")... A idea de falarvos de min non é xulgar aos meus primeiros donos, o fundamental desta carta é falarvos do afortunado que son.

Seica Lucky en inglés significa "sorte" ou "afortunado" e parece axeitado o nome en vista do acontecido. Pero as miñas donas non so elexiron ese nome polo significado da palabra en inglés, en parte tamén é por un famoso jedi da Guerra das Galaxias, si Luke Skywalker, así que a "Forza" está da miña parte.

Era o 25 de marzo de 2016 cando nacín sen nome, nas primeiras semanas comezaron a chamarme Pepe, pero ese nome no me gustaba moito, e eu non facía moito caso. Facía o que fan todos os cachorros, estar con mamá, comer e enredar unha vez comecei a camiñar. Chovíanme mimos de todas partes, a miña nai, os outros cans que había na casa, incluso gatos!, mans humanas de todo tipo. As que agora son as miñas "donas" (non me gusta moito este termo porque dende hai poucos días deixei de ser unha cousa e os seres vivos, a diferenza dos obxectos non se poden "posuír") viñeron a coñecerme enseguida, e pronto recoñecín esas voces dicindo "OOOOOH" ao verme por primeira vez. Como primeira impresión direi que me pareceron simpáticas.

"Que por mayo era por mayo cuando hace la calor, cuando los trigos encañan y están los campos en flor" (Romance del prisionero)

Si, era maio, cando marche da casa natal para coñecer a miña nova casa. Antes de irnos a Vigo visitamos a casa de miña avoa e fumos á clínica veterinaria onde ademáis de pincharme me deron chuches (o pinchazo non molou nada, as chuches si). Coñecín a Peta, a Ray, a Patus e a Negri. De entrada eu non lles caín nada ben, houbo quen quixo despeitearme con unha zarpa. Co paso dos días e das visitas reiteradas a casa da avoa aos gatos pasóuselles esa mala impresión da primeira vez e toleran a miña presenza. Máis de un ano despois son eles a min os que non me caen ben de todo e ás veces intento perseguilos como vinganza daquela primeira vez, É TAN DIVERTIDO! Pero non nos adiantemos tanto no tempo...

Cando a peneas tiñas 4 meses as miñas "nais" humanas marcharon unha fin de semana se avisarme, estaban a preparar algo inesperado para min. Deixáronme ao coidado da avoa e de Peta un xoves 30 de xuño e voltaron o domingo 2 de xullo con un animal que parecía un can escuálido, lánguido e un pouco raro. Era negro e tiña algunha cana, tiña tamén unhas patas longas e fracas, que me chamaron a atención xunto con ese fuciño longo, orellas raras ás que lle faltaba un anaco... era un tipo fraco, moi fraco, tiña un claro problema de pel, viña medio despeluxado e incluso cheiraba raro. Tiña unha presenza sutil, como querendo pasar desapercibido, e nunca esquecerei aquela expresión no seus ollos. Resulta que aos tipos coma estes lle chaman "galgos" e non son moi afortunados no sur da península ibérica. Entereime despois dunha realidade abrumadora e aterradora, unha das razas máis maltratadas de todo o territorio! E este galgo fora vítima de algún desaprensivo cazador.
Non quero entrar a falar en detalle deste asunto porque se voltaría un texto longuísimo, pero quero que teñades en conta que meu novo compañeiro tiña un pasado pouco agraciado.

Koi, que así se chama o meu irmán, chegou case sen facer ruido e pouco a pouco soubo conquistar os corazóns de toda a familia. Chegou medicado ata as trancas, eu diría que medio "yonki" pola enfermidade que lle tiñan diagnosticada. Parece ser que na súa casa de acollida sufría ataques epilépticos e tivo que pasar moitas veces por ese sitio onde te pinchan cando te descoidas e despois che dan unha chuche como se non pasara nada. Estaba ainda en fase de recuperación e pouco a pouco e con prescripción veterinaria conseguimos que deixase de ser ese can "yonki". De tanto pasear foi recuperando a forma a medida que eu crecía, el se poñía mellor de ánimo e de confianza. En outono xa podía pasear por praia e monte sen correa e eu cansábame de chinchalo e picalo para correr. E vaia como como corre agora! Teño que recoñecer que por moito que entrene nunca lograrei ter esa velocidade... pero sabedes? Eu son tan insistente que teño unha resistencia case inagotable... Koi gaña en velocidade pero eu en resistencia e pesadez, porque recoñece que ás veces son moooooi pesado.

Dende que coñecín a meu irmán souben que seriamos como o Ying e o Yang, el complementaría a miña enerxía e eu a súa, así que a día de hoxe somos como un tándem ben engrasado ao que lle gusta saír a pasear en familia, ás veces so coas nosas mamis e outras veces con amigas. Gracias a Koi adoro a todos os galgos e galgas dos planeta, cando vexo a un conxénere me lanzo a morderlle o fuciño como sinal de amor e de gañas de xogar pero non lle caigo ben a todos (peco de exceso de confianza) de entrada pero ao final remato saíndome coa miña.

O 25 de marzo de 2018 farei dous anos e estou moi feliz de ser como son (ainda que me din que teño que cambiar a miña tolerancia polos cachorros pero... é que me caen tan mal!), de ter unha familia grande na que se inclúen nenos, nenas, cans, cadelas, gatos, gatas, avoas, tías, tíos... Incluso tiven unha medio irmá coa que convivín durante un mes, unha galguiña moi tola e imprudente á que tiven que deixarlle claro quen era o rei da casa (fóiseme das mans e case lle saco un ollo), o seu nome era e é Penny... Penny vive lonxe agora pero creo que é moi feliz, ás veces a miña nai fala das troulas que monta en Coímbra coa súa familia, Ana, Zé e Kabul... parece que últimamente a liou bastante gorda, pero siguen queréndoa tal e como é (QUE GUSTO DA ISO, contáronme que devolveron algún can por menos... menudo cague! Eu seguirei sendo o querubín da casa e porei cara de bo cada vez que me miren por si as moscas)... Menudas carreiras nos botamos cando Penny estivo con nós, ás veces ata a boto de menos... pero penso no ben que está e enseguida se me pasa... eu con Koi ata a fin do mundo, ademáis ás veces ve unha amiga a durmir a casa, Leda, a galguiña máis veloz que coñezo...

Quero aproveitar estas datas para recordarlle ao mundo que nós, os cans, non somos obxecto e polo tanto non deberiamos ser obxecto de agasallo. Precisamos casas e familias que nos queiran, que nos fagan partícipes do amor... ademáis non me gusta nada que moitos conxéneres estén por aí á venda, reitérome nesto de que non somos unha mercadoría, somos seres vivos con sentimentos en sensacións (diferentes ás humanas, por suposto)... Nós tamén sufrimos e nos poñemos tristes, alegrámonos e somos felices cando as nosas familias voltan á casa coma o turrón por Nadal. Pídovos por favor que sexades responsables e que se decidides facervos con un can, unha cadela, un gato, un coello, un porco vietmanita... ou calquera outro animal que vaiades considerar mascota... MEDITÁDEO BEN, somos un compromiso para TODA A VIDA.

Unha vez máis, non merquedes, adoptade... os amigos non se mercan! E tede en conta de que se pensades adoptar un galgo coma Koi gañaredes sen dúbida un amiguete, pero tédeo claro... perderedes un pedazo de sofá! (é o lema da miñas nais) E eu digo, NON SEXADES RACISTAS, da igual que sexamos mestizos ou "de pura raza" todos os cans temos dereito a ser ben tratados e a que nos queiran para TODA A NOSA VIDA.

Que gustazo me da poder falarvos por unha vez no bloque da miña nai Lupi, foi un desexo de Nadal que pedín, poder falarvos directamente, sen medias tintas. Espero que entendades que a miña imprudencia canina (son case un bebé) me levara a escribir así por encima un cachiño da miña vida.

Agora vou marchar, teño moitas cousas que facer: paseos pola praia, roer esquinas de coxíns, xogar coas miñas pelotas (de tenis!! malpensad@), correr detrás de meu irmán, da miña amiga Leda, dar bicos ás persoas que me saúdan efusivamente, ás que me saúdan sen ser efusivas, teño que pedir chuches, ladrar, correr... en resume, estou moi ocupado sendo un can feliz.

Tratarei de escribir algo máis adiante, quizáis cando sopre as velas do meu segundo cumpleanos pida o desexo de voltar escribirvos algunha mensaxe. Non esquezadas ser felices que segue a ser de balde...

PD: Permitídeme un último consello, se vedes algunha inxustiza contra un ser vivo, un can perdido, un gato abandonado, un despropósito contra calquera forma de vida... por favor, NON MIREDES A OUTRO LADO, hai centos de almas caninas e gatunas "invisibles" por cidades e pobos, tentade por da vosa parte e botarlles unha man, unha pata ou, en resumo, algo de axuda denunciando ou pedido o favor de outras persoas. Un mundo mellor é posible!


22 octubre, 2017

Querida Penny


Parece mentira que me atope a min mesma diante do ordenador escribíndolle a unha cadela. Si, como o leedes, este artigo va para ti miña cachorriña de galgo español. Espero que sexas feliz en Coimbra coa túa nova familia.

Chegaches a nosa casa por casualidade, porque algún desalmado ou desalmada te deixou abandonada ou non te busco no caso de que te extraviases. Apareciches en Nigrán e non sabías que facer nin onde ir, so te plantaches alí diante a ver se aquela persoa que te veu diante do seu portal che daba unha oportunidade e así o fixo. Non foi esta persoa quen che brindou un fogar pero si que contribuiu a conseguirche un, delegou a túa custodia a Galgos 112 y a través desta asociación chegaches en acollida temporal a nós.

Nós somos catro na casa, dúas mulleres e dous cans, e abrímosche as portas e o noso corazón. Era a nosa primeira acollida e non sabiamos a que nos enfretabamos. Non nolo puxeches moi fácil, eres demasiado movida, ladras na casa para chamar a nosa atención e os xogos de Lucky, e tamén se pode dicir que non respetas a "santidade" de fogar ante pises e cacas (non te culpo, ninguén che ensinou a diferenciar onde se debe facer as necesidades).

Neste mes que compartimos tentamos ensinarche, como así o fixemos con Lucky non hai tanto, as normas básicas de conviviencia e en xeral faltounos tempo para convertir este diamante en bruto nunha xoia excelente. Ainda che queda moito por aprender para que sexas unha xoia, digamos que marchas a medio pulir pero a túa cabezonería non nos permitiu facer moito máis.

Tranquila Penny, non van ser todo críticas e cousas negativas. Neste tempo que pasaches con nós fixéchesnos a vida máis animada, con esa cariña de boa que pos coa cabeza inclinada hacia un lado e hacia outro cando nos sentamos a comer e queres que che demos algo, con esas carreiras alocadas pola finca, cos xogos de pilla-pilla con Lucky e outros cans, cos momentos no que na TV sae Sheldon a chamar por Penny en Big Ban Theory e ti miras como se a cousa fora por ti, co momento primeiro baño na praia en Toralla, cos chapuzóns na bañeira de bebés que vos poñemos na finca a modo de abrevadero, cos mordisquiños nas orellas, cos ladridos medio afónicos que das para tentar chamar a atención, coa sesta que botaches na mesa da clínica veterinaria, cos momentos de tolemia cos buratos do parque canino da Toxa, cos choques contra cousas por no mirar hacia adiante ao xogar, cos saltos cal gacela para sortear as xardineiras, cos zarandeos do que queda da pelota de bolley tentando rematar de destrozala, cos roubos de pelotas ou piñas que lle fas a Lucky para facelo correr, con esa inseguridade típica de cachorro curioso cando outro can quere perseguirte, cos momentos manta e as posturas "picharriba", cos ronquidos, cos gruñidos, cos suspiros, coa invasión de camas e de espazo persoal para durmir, cos bicos e a cara de golosona ...

Os comezos foron algo complicados, non so polo que xa contei, senon porque Lucky case che saca un ollo a segunda noite que pasaches na casa. Pero co furabolo que es é normal se intentas quitarlle a comida a un compañeiro que acabas de coñecer... todo quedou en nada e por sorte o teu ollo está moi ben. Koi fíxoche o vacío ignorándote os primeiros días e gruñindo cada vez que osabas acercarte a el. Non lles garde rencor pero estaban acostumados a ser os reis da casa e non compartir mimos e arrumacos con terceiros cans.

Catro semanas depois xa se pode dicir que eres unha membro da súa manada, Lucky xoga moito contigo e comparte prato cando fai falla. Koi xa non gruñe máis do normal e incluso ás veces se anima a tolerar que xogues con el e o seu irmán pequeno. O día que marches Lucky durmirá durante varias semanas para recuperar esa enerxía que gastou en tentar seguirche o ritmo, e non teño dúbida de que será o que máis te bote de menos.

En breve marcharás ao teu fogar definitivo en Coímbra, Portugal, onde poderás correr coma unha tola nunha hípica e demostrar que es más veloz que calquera cabalo que se prece. Terás unha nova familia na que un galgo adulto chamado Kabul que che axudará a madurar e atopar o camiño da luz. Que a forza te acompañque pequena tola, que sexas moi feliz no teu novo fogar.

Sempre serás a primeira galguiña das nosas vidas. Quererémoste sempre.

Lupi, Lucy, Lucky e Koi


21 julio, 2017

Seis anos despois


Miña benquerida Cloe,

Canto tempo máis ten que pasar para que pechen de todo as feridas? Xa van seis anos dende a primeira das grandes coiteladas da vida nun espacio de tempo bastante curto, doce meses.

O "ano horribilis" comezou coa túa marcha, Cloe de la Nuez, hai hoxe 6 anos; continuou coa mala nova, mes e pouco despois, do que esperaba co meu pai, cancro de pulmón en fase terminal; seguido de unha ruptura sentimental e varias decepcións con amig@s. 

Ti desto xa estás enterada porque cada 21 de xullo te recorodo un pouco máis que calquera día do ano e che escribo unhas verbas. Non pasa un día no que non te recorde nunha frase ou te busque nos ollos de unha amiga que me recordan tanto a ti. Como dixo meu pai "ninguén morre de todo mentres haxa alguén que o recorde"... E créeme se che digo que nin ti, nin el e moito menos a avoa Lola, estades mort@s, é mais eu vos traio ata min en soños e aí vos podo tratar coma sempre o fixen. 

Cada 13 de marzo, 20 de abril e 21 de xullo ocorre o mesmo, as cicatrices desta vida volven sangrar e doen coma se foran recente as feridas. Da igual onde esté ou con quen, o cerebro fai "click" e a sensación é dolorosa. Non sei se é normal ou se a miña mente é, de una forma ou otra, masoquista e lle gusta torturase. A única diferenza é que ainda que os meus ollos derramen unhas bágoas sempre atopo un motivo para rir. Recordarte sorrindo é a mellor medicina cicatrizante, acordarme dos momentazos simpáticos que vivimos, as charlas e os chistes, as cancións que compartimos... todo o que vivín contigo me axuda e me entristece por momemtos pero o poso de sensacións que me queda ao final é de gratitude e de fortuna.

Todo esto que che conto pode ser extensible á marcha da avoa e de meu pai, cada persoa no seu estilo... Hoxe é o día do ano no que máis te recordo, porque o meu egoísmo pretende de algún modo trarte aquí a calquera prezo e a ratos non me gusta. Ogallá houbera unha comunicación recíproca e puidera ter unha carta túa como esta que che escribo coa esperanza de que alá onde estés chegue.

Eu non creo en Dios e non me considero moi espiritual, pero algo é certo: SOMOS ENERXÍA, e como tal (e segundo a comunidade científica) a "Enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma"... O que nos diferencia dun cacho de carne con ollos é esa enerxía á que algúns chaman "alma" e que según din pesa 21gramos... 
Non quería explaiarme demasiado nesta carta pero vexo que me estou liando máis da conta pero hai cousas que nuncha che comentei en relación a esto da enerxía ou da alma... Eu vin o teu corpo, así como o de meu pai e no seu momento o da avoa e resulta extraño como cambia a percepción do obxecto... o corpo tumbado nunha cama de hospital, inerte, sen alma ou enerxía... sendo o corpo da mesma persoa non se recoñece como tal... a ver se me explico... ainda que o parecido é idéntico, pois non cambiou o estado físico do que se ten diante, a mente percibe a diferencia (non sei se todas as mentes ou so a miña) pero non recoñece como a persoa que coñecía aquel corpo humano tendido no leito. É raro...

Non me importa que me digas que son espiritual despois desta confesión... pregúntome en qué se transforma esa enerxía ou alma unha vez deixa atrás o corpo inerte. Ás veces trato de imaxinar como será a miña transición e se será tranquila como a de meu pai pois a vivín en primeira fila.

Pero bueno, non quero poñerme moito máis triste recordando todo o acontecido hai tempo... quero poder imaxinar que me reuno contigo en soños e che conto o feliz que son e o afortunada que me sinto. Se estiveras aquí terías una "ITV" que pasar e créeme se che digo que ademáis a farías con moi boa nota. 

Grazas, Cloe... a miña ave fénix que rexurdiu varias veces das cinzas para ensinarnos que ninguén está vencido ata que se deixa vencer. Grazas de corazón por ter sido parte da miña familia pero sobre todo por considerarme unha amiga e unha irmá de distinta nai. Seguirei botándote de menos e buscándote nos ollos da xente que me recorda a ti, imaxinarei que os soños nos que te vexo son cafés nu plano astral de enerxía ou almas, onde se reunen os vivos cos mortos para contarse cousas. Espero verte pronto en soños e de non ser así deixo esta carta na rede porque de algún xeito sei que estarás ao tanto, en contigo o resto da familia.

Cando eleve a vista ao manto dunha noite estrelada imaxinarei que na estrela máis brillante do ceo estás ti coa avoa e o meu pai para marcarme o camiño, acompañándome e protexéndome.

Ata pronto miña querida Cloe, prima, irmá, amiga. Querereite sempre.