El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

13 febrero, 2012

As novas do día

Hoxe é luns, e como cada día pola mañá, boto unha ollada á prensa na miña pausa do café. O que máis me chamou a atención e me fixo reflexionar foi unha nova que fala da detección de casos de cirrosis en xente xove. Click para ver a fonte: AQUÍ.
Últimamente, vendo a negatividade da que van cargadas as noticias, dáseme por pensar (e hai quen di que eso é malo) sobre que clase de mundo estamos creando. Estamos educando aos nosos pequenos e ás nosas pequenas nunha sociedade insana desde o brece, empezamos con esterilizar en exceso o seu entorno, educámolos na individualidade (os "seus" xoguetes, a "súa" taza, a "súa" roupa...), non permitindo a penas que herden cousas (xoguetes, libros e incluso roupa que fora de outra persoa)... por non deixar, non deixamos nin que xoguen na area ou na terra dos parques , en moitos casos xa non existen esto elementos nesos lugares (foron substituídos por algo semellante ao caucho). Agora un neno cae dun columpio e rebota, antes enterrábase e manchábase de terra. Pero isto son só anécdotas, o grave está a outro nivel.
Cando o nento comeza a tomar conciencia do seu entorno se atopa con unha escaseza de referentes positivos que mete medo. Todo é alimentar arquetipos, seguimos educando aos rapaces con xogos de pelota ou de coches e ás nenas con cociñas, carillos para bebés e kits de maquillaxe. E dámoslle máis razóns para tomar como "normal", cousas que quizáis -se as pensamos un pouco- non son o máis axeitado para os pequenos cerebros en formación dos novos cativos.
Pronto ven que o tabaco é supercool, que fumar porros é do máis normal (e que non ten ningún tipo de consecuecia), que beber alcol é a hostia en verso e é a única meta das fins de semana. Entón, cando a xente nova comeza a saír, empeza a beber sen control e sen coñecer as consecuencias dun consumo excesivo de certas substancias.
Así obtemos titulares como o que hoxe acaparou a miña atención e me fixo reflexionar un pouco sobre o pouco que me gusta o mundo que estamos creando para os poucos pequenos que veñen tras de nós. Por sorte, ainda queda xente que educa aos seus fillos en valores que a día de hoxe están caendo en deshuso (honradez, sinceridade, solidaridade, tolerancia...) e precisamente por iso hai que manter a esperanza de que entre tod@s poidamos facer deste mundo un lugar mellor. Quizáis deberiamos plantexarnos que algo falla no sistema que temos instaurado, que tal vez a maneira de mellorar é educar... pero pode que eso non interese porque xente con educación en conciencia non é fácil de someter e manipular...
Non sei, estas son as miñas reflexións de hoxe... Ao mellor o que debería facer é falar de fútbol, xa que os luns é o que copa a extensión de moitos xornáis, ou dos progrmas basura que poñen en televisión... Vou deixar de fumarme as noticias e pasarei de novo aos porros, quizáis así siga naquela ignorancia de antaño... Nin de coña! Gústame ser consciente do mundo que me rodea e gústame tamén sacarlle os pequenos detalles positivos a esta zoociedad que nos inclúe... Son irremediablemente un ser Zoocial e gústame.
Voltei con gañas de pensar, falar e, por suposto, criticar! Estas son as miñas novas do día, cada quen que saque as súas propias conclusións.

07 febrero, 2012

E a rara son eu


Non sei que lle pasa á xente. Non sei se serán as ondas electromagnéticas que emiten algúns aparatos electrónicos ou simplemente é a tele que nos fai tontos. Non mentirei dicindo que non vexo nunca a tele, pero o certo é que cando falo coa xente dame a impresión de que estou noutro planeta.
Antes de nada direi que dentro de todo o abanico de frecuencias do TDT hai unha que non está por decisión propia debido á pésima calidade de programación coa que conta. Hai outra canle que vai camiño de ser borrada tamén polo descenso de calidade na programación que emiten.
Omitirei o nome das cadenas por non darlle propaganda, pero se usades un pouco a cabeza enseguida caeredes de cales falo. Resulta que de un tempo a esta parte, cando a primeira cadea mencionada absorbeu a esta segunda, esta veuse sometida aos criterios dos directivos da canle compradora. Isto levou a esta pequena cadea, fundada no 2005, a emitir programación á que eu chamo finamente MERDA.
E nesto de emitir MERDA hai unha cadea que sabe moito, leva dende 1990 entrenando ata conseguir o seu obxectivo, ter unha programación de "calidade" (desculpen que non se note a ironía pero estou tratando de conterme para non dicir máis improperios) que consegue remover as tripas a moita xente, entre elas a min.
Non me gusta nada ese "comercio de carne" que nos propoñen estas dúas cadeas. Deixan á xuventude á altura do betún, venden carne barata, non respetan as franxas de horarios infantís, danlle protagonismo a persoas entrometidas, morbosas, groseiras, ordiarias, malfaladas, ignorantes... e o peor de todo é que exaltan esas cualidades como virtudes e a levan por bandeira alá onde van. Alimentan os tópicos de muller-obxecto, rubia-tonta e moitos outros que deixan á figura da muller nun plano moi pouco positivo. Venden carne, sexo e morbo sen máis fin que o de dar que falar e vender.
Hoxe alucinei cando cheguei á oficina e media plataforma se puxo a falar de un programa, para o meu gusto banal, no que o único fin é ligar a un home. E que home! Un "musculitos" de ximnasio que o programa cataloga de "solteiro codiciado" que se lía á mínima que pode con toda muller que intenta ligalo. Como non podía ser de outra maneira o programa graba ao detalle cada actividade morbosa (baños en piscina, yaquzzi, bicos con lingua, bailes, streaptese). Á xente encántalle todo o relacionado co morbo ou sexo así que comentan o que acontece. Polo que comentaban hoxe o coeficiente intelecutal das persoas protagonistas do programa debe ser igual ao de unha planta ornamental, ou peor.
Eu alucinaba coa xente que comentaba que "si o tío se puxera pinocho", que si a tía era unha guarra... e decía eu, eso é o que vedes? E a máis de un co que teño máis confianza lle dixen "acábame de cambiar o concepto que tiña de ti"... e oféndense! Non matizara se era bo ou malo o concepto per ademáis de emocionarse comentando as cousas do "reallity" lles parece mal que comente negativamente sobre iso. Algunhas das respostas que obtiven foi "pois dime ti progrmas que vexas que ao mellor penso que eres gilipollas"... Eu non lles chamei gilipollas nin ignorantes, nin nada aos meus compañeiros pero tomaron como ofensa persoal a crítica a un programa ao meu parecer ESTÚPIDO.
Ao mellor é de gilipollas ser crítica co que nos ofertan os medios de comuncación e de entretemento. Ao mellor tamén o é ver algunha serie de investigación-ficción, unha boa película ou calquera documental da televisión pública (aquí si farei publicidade de TVE2, é a mellor de toda a oferta televisiva en aberto). Quizáis sexa de gilipollas cuestionarse a finalidade de este tipo de produtos e ao mellor é de paranóicas pensar que é unha ferramenta máis para ternos idiotizados diante da tele para non sair á rúa a protestar polo que acontence nesta sociedade. Ao mellor a rara son eu e o normal é non pensar e aplaudir coas orellas cando unha teta ou unha pirola saia en pantalla.

26 enero, 2012

Esto si que é vivir en Zoociedade

Xa non recordo a última vez que escribín no blogue, supoño que foi un artigo desculpándome pola miña ausencia blog-literaria pero hoxe decidín poñer un toque deste blog na miña vida. Facendo alarde do nome do blog, hoxe criticarei un pouco a actualidade social:
Coido que vivo nun país de chiste, si. Cando leo o xornal (sexa cal sexa independentemente da cor que leve por bandeira) éntranme unhas tremendas ganas de queimar o sistema. Canto máis leo as novas máis me dou conta da cantidade de mangantes, corruptos, vividores, aproveitados, caraduras e mil calificativos máis, que hai dispersos polas diferentes capas do sistema.
Temos un goberno que pretende impoñer leis sociais de hai 25 anos, falo da polémica "Lei do aborto"... e digo eu, sen entrar en pormenores, ir para atrás é avanzar? Non sei... dentro da miña ignorancia (que é moita), dáseme por pensar que esto de ir para atrás vai en contra do termo "avanzar" que polo que sei é ir cara adiante, progresar, adiantar, prosperar... como antónimos de "avanzar" se me ocorre retroceder, recuar, atrasar... Etimolóxicamente falando creo que ten bastante lóxica... Se non lles gusta a lei aprobada polo goberno anterior, propoño a este novo goberno que traballe e poña en marcha unha nova, baseada na do ano 85, pero con actualizacións porque a sociedade non é a mesma agora que hai 25 anos...
Baixo o meu punto de vista unha nena dos oitenta era unha nena e actuaba como tal, unha nena de agora está marcada pola sexualización precoz que lle inculca unha sociedade baldeira de principios, que promove e apoia o aspecto físico e relaciona todo co panorama. Así que que non me digan que unha rapaza de 16 ou 17 anos que decide libremente ter relacións sexuais non está capacitada para tomar unha decisión de se quere, ou non, seguir con un posible embarazo.
Avanzar non é ir cara atrás. Avanzar é prgresar, ir cara adiante, modificar e romper arquetipos, actualizar lexislacións, impartir xustiza de xeito homoxéneo e non como na idade media, aparcar o lastre que supón as arcaicas normas dunha Igrexa obsoleta que se nega a actualizarse e a progresar, a aceptar novos modelos de familia (e recordolles que dende tempos imemoriáis, aquí en Galiza e en moitos outros lugares, as nais coidaban aos seus fillos en ausencia de homes, así que non sei por que se negan a aceptar modelos de familia monoparentais), a aprender a ser tolerantes e a manter a boca pechada... e por favor, que deixen de subvencionar a esta institución, coa que non está de acordo o 100% da poboación, a costa de reducións de inversións sociáis (léase educación e sanidade).
Estou farta de ver noticias inxustas na prensa, de como políticos e banqueiros se enriquecen a toda costa mentres a xente de a pé vemos como nos toman o pelo e nos mantemos caladas. O silencio non é indiferencia, tampouco é a solución, quixera gritar e que me escoiten "esto non funciona"... Ogallá poidamos cambiar e, sobre todo, depurar este sistema... estou farta de vivir nunha zoociedade onde só importa o material, onde os valores se esquecen e as palabras valen menos que unha mota de pó. Eu recordo a meu pai, por poñervos un de moitos exemplos, darlle a súa palabra a alguén en determinado asunto e cumplir sen necesidade de contratos, eso agora xa non se estila e paréceme unha mágoa. Estamos creando monstros individualistas que din vivir en sociedade... que mágoa, de verdade.
E bueno como xa non teño moito tempo, pois se me acumula o chollo, deixarei as miñas queixas por aquí e quédome co bonito da vida, as persoas individuáis (que non individualistas) que forman parte da miña vida e me queren tal como son. Grazas por concederme o privilexio de considerarvos amig@s.