El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

EN OBRAS - Este blog nació de la necesidad de sacar a fuera mi mundo interior, una herramienta que me ha ayudado a aprender a expresarme y transmitir mis sentimientos y sensaciones. Escribir me ha hecho persona y siendo persona he conseguido evolucionar hasta el punto donde me encuentro hoy, en pleno proceso de evolución.

24 diciembre, 2012

Escombros

Xa é Nadal e eu ainda non estou afeita á idea. Chegou case sen querer e como non existe un mando a distancia que permita acelerar o paso do tempo teño que afrontar o reto. Si, é un reto!
Nunca me gustaron estas datas e este ano aborrézoas máis que nunca. Se o ano pasado foron duras, este non o quero imaxinar. Non sei como estarei esta noite cando me sente á mesa a cear, xa vos contarei (se cadra) que tal pasei a Noiteboa.
Levo moitísimo tempo sen escribir e hoxe fórzome en certa maneira para non deixar que remate este mes sen ter escrito algún artigo. Non esperedes gran calidade literaria nin historias que vos quiten o sono. Esperaba que fose a Fin do Mundo hai tres días pero ese final non chegou cando anunciaron os maias. Ainda que bueno, se imos ao significado do seu calendario só viñan a dicir que esa data marcaba o fin dunha época e que houbo quen interpretou como A Fin.
Para min a fin do mundo que coñecía xa se produciu hai tempo. A miña realidade empezou a caer cando se marchou Cloe. Entón a miña vida parouse, despois veu a enfermidade de meu pai e marcha do home que fixo posible que eu estivera hoxe aquí contándovos esto... Sei que a vida continúa e que non se para cando alguén a quen queres se vai, só queda rearmarse e continuar.
Chega decembro e fago reconto, miro ao redor e só vexo escombros... pedras acumuladas enriba de outras que antes formaran algún muro. Sinto cansancio por momentos pero sei que mentras teña vida terei esperanza de volver construír algo que mereza a pena.
Con todos esos escombros pretendo construir pontes de comunicación que se viñeron abaixo durante os terremotos e tsunamis que asolaron o construira, o que era. Non quero queixairme pois só sería perder tempo e enerxía. Estou reunindo forzas para sobrepoñerme e adaptarme a unha vida nova. Todo o que poida dicir está de máis, quero continuar en aras de un mundo mellor.
Sei que moitos mundos mellores son posibles e eu vou construír o meu, con boa xente, con boas sensacións e con moito positivismo... Eu son forte, e ainda que ás veces teña medo, sei que vou poder conseguir o que me propoña...
Ser feliz sigue sendo de balde... Agora so me quedan dúas opcións soñar unha vida ou vivir o meu soño e creo que a segunda opción é o mellor. Ala vou!